Programa
nº 28 - (31-10-2019)
A Xanela das Fucas acercase o
Samaín , a festividade de orixe celta máis importante do
período pagán en Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do
31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de
colleitas na cultura celtan 1 e era considerada como o «Ano Novo Celta», que
comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano
a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e
significa 'fin do verán'.
Falamos tamen do
Magosto ou Festa da Castaña, en Galicia, acéndese unha gran fogata -que como
saben, espanta os malos espíritos- na que a familia e amigos asan as castañas e
beben viño para manterse quentiños e
recordar aos defuntos.
En Asturias a festa é Amagüestu onde se cre que a
castaña simboliza a alma dos defuntos e comela, implica a liberación destas do
purgatorio. No País Vasco coñéceselle co nome de Gaztainerre. En Cataluña, pola
súa banda, existe a Castanyada, onde ademais de castañas gózanse dos deliciosos
panellets. En Estremadura as castañas son máis dulzonas pois as cociñan en
leite ou mel e acompáñanas con froitos secos, doce de membrillo, pastel de
cabaza e moita sidra doce. Hai lugares nos que ao finalizar, é costume tiznarse
a cara cos restos da fogueira como unha
especie de protección en contra dos malos espíritos.
A compañeira
Sonia chegou o programa cun
agasallo para cada unha de nosoutras , con un mensaxe “ a veces sae o sol”……. Claro que si … grazas
Fucas que participan: Chelo
Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizón
Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita
E Bella, (Nicola Piova) ;
Samhain ( Jesus Pareja); Chumbala
Chumbala , las calaveras salen de la tumba; Ó rap
do magosto ( Paco
Nogueiras)
Nenhum comentário:
Postar um comentário