Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador muller magosto. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador muller magosto. Mostrar todas as postagens

03 novembro, 2019

A xanela das Fucas Nº 28

Programa  nº 28 -  (31-10-2019)



 A Xanela das Fucas  acercase o   Samaín , a festividade de orixe celta máis importante do período pagán en Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celtan 1 e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.
Falamos  tamen do   Magosto  ou Festa da Castaña, en Galicia, acéndese unha gran fogata -que como saben, espanta os malos espíritos- na que a familia e amigos asan as castañas e beben viño para manterse quentiños  e recordar  aos defuntos.
En Asturias a festa é Amagüestu onde se cre que a castaña simboliza a alma dos defuntos e comela, implica a liberación destas do purgatorio. No País Vasco coñéceselle co nome de Gaztainerre. En Cataluña, pola súa banda, existe a Castanyada, onde ademais de castañas gózanse dos deliciosos panellets. En Estremadura as castañas son máis dulzonas pois as cociñan en leite ou mel e acompáñanas con froitos secos, doce de membrillo, pastel de cabaza e moita sidra doce. Hai lugares nos que ao finalizar, é costume tiznarse a cara cos restos da fogueira  como unha especie de protección en contra dos malos espíritos.
 A compañeira  Sonia  chegou o programa cun agasallo para cada unha de nosoutras , con un mensaxe   “ a veces sae o sol”……. Claro que   si … grazas 

Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
    Samhain ( Jesus Pareja); Chumbala  Chumbala , las calaveras salen de la tumba;           Ó rap do magosto ( Paco Nogueiras)
Related Posts with Thumbnails