UNHA TARDE NO MUIÑO
Programa 32. Luns 10 decembro 2018.

En
Polo correo do Vento, preséntanse as
vindeiras actividades de Muíño do Vento. Exposición Pedro Guimarey, Encontro
cos libros.
Rafa
Aguirrebengoa na sección Outra Información
é posible partindo da celebración do Día Internacional dos dereitos Humanos
fai unha análise sobre a evolución que está tendo a actuación do novo Goberno
do Reino de España. Comentario con datos
obxectivos sobre a situación dos emigrantes e os posicionamentos dos Partidos
sobre a chegada destes emigrantes. Comentario sobre a situación dos presos
cataláns . E informacións sobre mobilizacións en Ferrol e Madrid.
Paula
Iglesias participa no Vivo ,penso e
declaro.
No
Obradoiro medioambiental, Camilo Casal
explica os conceptos que rexen o prezo da Tarifa eléctrica, formas de
contratación máis axeitadas , discriminación horaria, impostos aplicados e
custos regulados….
Despedida
con música de Michoacán e saúdos con desexos de venturosa singradura para o pobo
mexicano.
Nenhum comentário:
Postar um comentário