UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa 31. Luns 3 decembro 2018.
Comezo
do programa con referencias a Bertolucci e o seu cine. Música de Novechento que
da pé a un pequeno debate sobre as preferencias cinematográficas da xente
convidada a este programa 31.
Roberto
Taboada en Noticias do Barrio Alto,
fai reflexión sobre os accidentes de tráfico que se están dando nas estradas do
Barrio e a necesidade de tomar medidas.
Ferrol fronte a Gran guerra. Historia dunha Comarca nun mundo en quebra foi o tema do Obradoiro de historia. Os compoñentes
de Ferrolterra Antiga expuxeron novas aportacións e investigacións sobre este
momento histórico con achegamentos as repercusións que na cidadanía tivo a Gran
Guerra.
O
Teatro do Muíño tivo na primeira parte a Ppablo como convidado. Ao longo dunha
entrevista realizada por Paloma Pernas, Ppablo foi falando da súa biografía e
do seu achegamento e querenza polo teatro, ademais das súas outras facetas
artísticas .
Chus
Prieto informa da axenda quincenal de actividades teatrais na Comarca.
E
outra vez soa música de Novechento a xeito de despedida deste Programa 31.
Nenhum comentário:
Postar um comentário