
A historia do Conspirando por unha Radio Libre.
Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da nosa particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas.
O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comulgan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol).
A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos. Coa entrada ao Conspirando de tres euros se puñan a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, pegatinas, cedés recompilatorios de grupos locais... Dende a edición do ano 2008 o festival é de balde e ao ar libre, na Praza do Inferniño (o Inferno).
Algunhas anédotas do festival son que en principio ía chamarase "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións.
Outra das anédotas é que a segunda edición do Conspirando estivo a ponto de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, previsto para o 25 de xuño de 2004 (logo do suceso da primeira edición) dias antes do festival, cando xa estaba todo preparado, atopámonos cunha chea de cartazes de cor fosforito pegados por todo Ferrol, que anunciaban unha festa universitaria o mesmo día e a mesma hora e no mesmo sitio que tiñamos previsto para o II Conspirando. Logo dun cabreo monumental cos (i)rresponsábeis da sá que hai na Estación de Ferrocarrís de Ferrol, tivemos que suspender o a nosa prentendida II edición. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos".
Pra quen lle interese aquí vai a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até hoxe.
CRONOLOXÍA DO CONSPIRANDO – Opaíí! - Rádio FilispiM
- 8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril, Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial.
- 26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria – Esteiro, Vladi, Misquious, Kobe.
- 13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – San Carlos – Esteiro, Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha).
- 5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE – San Sadurniño, La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense).
- 20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre – Inferniño, Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos.
- 9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre – Inferniño, Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos.
Descargar o arquivo
![[aquiloquevibra.jpg]](http://3.bp.blogspot.com/_TqcnlBY9ewI/SUt3Pai0SII/AAAAAAAAAkA/b6zOT6HfEgI/s1600/aquiloquevibra.jpg)


![[Discontinuidade.jpg]](http://2.bp.blogspot.com/_TqcnlBY9ewI/SUuWt8o5WUI/AAAAAAAAAkY/N3m5KefaIfY/s1600/Discontinuidade.jpg)



































