
Había un ano que non o faciamos. A confraría filispiniana da santa Rádio FilispiM, repite experiencia por sexto ano consecutivo nunha edición que ao igual que pasado ano, volve a rúa, exactamente ao inferno.
Si, o Conspirando vai ser na Praza do Inferniño de Ferrol o xoves "santo" 9 de abril de 2009, a poucos metros dos desfíles procesionais e pola cara. A cuestión é ir dinamitando este Ferrol, barrio a barrio (Fervesteiro xa dinamitan o seu), con saña.
Se as autoridades finalmente o toleran, baixo unha inmensa carpa e riba dun fantástico cenário tocarán tres bandas: RETOBATO (Punk-Rock), ROGER DE FLOR e amigos (POP-SWING) e SACHA NA HORTA (Fusión).
Na última edición do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, falamos deste e doutros temas de actualidade como son:
- Unha nova radio comeza a emitir na Comaca: Radio Reganosa.
- 8 de marzo: día internacional da muller. Manifesto da Marcha Mundial.
Ficades co audio do programita, que como sempre podedes aniquilar directamente pulsando no reprodutor:
www.pequenosmonstros.blogspot.com
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário