Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

05 março, 2009

021 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Segundo programa especial sobre o movimento de centros sociais autoxestionados (CSA) en Galiza.
En outubro do ano 2002, Divertimento para pequenos monstros, producía un novo especial que daba continuidade á entrevista que mantiñamos un ano e meio antes con Fran Buey, do CSA Casa Encantada de Compostela.
Nesta ocasión dende a Casa Encantada nos comentan máis sobre a singularidade deste centro social, estabelecemos unha conexión con Xacio da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros e mantemos unha conversa con Keke do CSA Mil Lúas de A Coruña.

Tres centros socias, tres, que hoxe en día non existen, aló menos tal e como os coñeciamos nalquel momento. Decimos isto xa que é moi probábel que aqueles protagonistas cos que mantivemos as conversas, naqueles primeiros noventa, estean hoxe en día dando vida novos espazos liberados. O propio CSA Laboratorio Okupado As Atochas no Bairro de Monte Alto (A Coruña), é bon exemplo da vixencia do citado movimento, mais deste espazo xa tivestes boa conta noutras entradas deste blog e na propia Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Para nós, estes audios se teñen convertido nuns documentos que describen na voz dos seus protagonistas, como funcionaban tres centros socias (que non os únicos) aos que puidemos achegarnos os pequenos monstros, naqueles anos, cando este Divertimento se emitía ao través das ondas da radio pública local Radio Fene 107.7 FM (A Coruña).

A disfrutar do audio!!!

Descargar o arquivo

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails