Temos novidades para o VI Conspirando por umha Rádio Livre, a maiores do concerto, a Feira de Colectivos e a festa, a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e também desde esta praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.
Entrevista con Teresa Gallo, presidenta da Asociación de Xordos de Ferrolterra a cal nos falou do Encontro da Muller Xorda celebrado en Ferrol e dos diferentes problemas da comunidade xorda.
Especial Ramiro Fonte. Falaremos da súa vida e disfrutaremos da súa poesía, coincidindo co Día Mundial da Poesía.
En directo no estudo de Radio Filispim, Lupe Ces, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e mestra de educación infantil.
No apartado musical, entrevistamos a Sacha na Horta, un dos grupos que participarán no VI Conspoirando por unha Radio Libre.
Discontinuidade do Xoves 12 de Marzo de 2009. Os compañeiros Diego e Javier [dous uruguaios, un de Fene e outro de Valdovinho, que se atoparom em Rádio FilispiM], inician a aventura de colgar os seus inclasificables programas na rede, compartindo o que teñen e queren mostrar ao mundo.
O primeiro álbum de QUANT, que baixo o título New Adventures in Full Colour, apresentanos unha chea de cancións sustanciadas no pop máis xenial. O disco podédelo mercar, ou "curiosear" pinchando en www.quantweb.tk. No planfetiño que acompaña o cedé hai agradacementos para unha chea de xente de Ferrol, o mundo e incluso outros planetas (dentre deles Rádio FilispiM, dentro de cuxa selección músical non faltan as melodias de Oscar QUANT e compaña).
Por mór do 17 aniversario de Tas-Tas Irratia, unha das radios libres de Bilbo, falamos desta e máis de Irola Irratia.
Primeiro aniversario da okupación do centro social autoxestionado, CSA Laboratorio Social As Atochas, en A Corunha. Xa coñecedes deles pola moitas referencias e entrevistas que lles realizamos en Divertimento, Rádio FilispiM. Desta amplificamos o interesante programa de actos para celebrar o primeiro ano da okupazón deste espazo liberado na cidade herculina. Serán dúas semanas de música, teatro, cine e palestras. A destacar o Encontro Aberto de Centros Sociais, previsto para o sábado 14 de marzo de 2009. Máis info en: Aculturapreokupa.blogaliza.org
VI CONSPIRANDO, por unha Radio Libre. Vai ser no mesmo Inferno (Praza do Inferniño, Ferrol), o xoves "santo" 9 de abril de 2009. Estes do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM, andan a procurar a excomuñón. Entre tanto seguen a conspirar. Máis info en www.opaii.blogspot.com
A disfrutar do audio. E, como sempre, podes deixar as túas impresións no apartado "comentarios", ou escribir a radiomonstro(arroba)gmail.com
Este ano estamos preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.
Seguindo o esquema do ano passado, teremos unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalaremos na praza do Inferninho, Ferrol.
Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing] também desde Trasancos, e para rematar a festa, SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.
Também a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e desde esta mesma praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.
Moi boas compañeir@s, neste novo programa adicamos a nosa a tención aos seguintes temas:
Especial 10 de Marzo de 1972. Explican o acontecido, Rafael Pillado vicepresidente de Fuco Buxán e un dos protagonista dos acontecementos, Enrique Barrera, directivo de Fuco Buxán e historiador e Jose Luis Nuñez Casal, abogado no xuizo dos 23.
Conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
Novas do Comité Cidadá de Emerxencia para a ría de Ferrol.
Xa está aquí o VI Conspirando por unha radio libre!
Había un ano que non o faciamos. A confraría filispiniana da santa Rádio FilispiM, repite experiencia por sexto ano consecutivo nunha edición que ao igual que pasado ano, volve a rúa, exactamente ao inferno.
Si, o Conspirando vai ser na Praza do Inferniño de Ferrol o xoves "santo" 9 de abril de 2009, a poucos metros dos desfíles procesionais e pola cara. A cuestión é ir dinamitando este Ferrol, barrio a barrio (Fervesteiro xa dinamitan o seu), con saña.
Se as autoridades finalmente o toleran, baixo unha inmensa carpa e riba dun fantástico cenário tocarán tres bandas: RETOBATO (Punk-Rock), ROGER DE FLOR e amigos (POP-SWING) e SACHA NA HORTA (Fusión).
Na última edición do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, falamos deste e doutros temas de actualidade como son:
Unha nova radio comeza a emitir na Comaca: Radio Reganosa.
8 de marzo: día internacional da muller. Manifesto da Marcha Mundial.
En vindeiras entradas e edicións de Divertimento, iremos subministrando máis información sobre esos descerebrados do colectivo Opaii!, gamberros irreverentes que parecen merecer a escomuñón inmediata.
Ficades co audio do programita, que como sempre podedes aniquilar directamente pulsando no reprodutor: www.pequenosmonstros.blogspot.com
Segundo programa especial sobre o movimento de centros sociais autoxestionados (CSA) en Galiza. En outubro do ano 2002, Divertimento para pequenos monstros, producía un novo especial que daba continuidade á entrevista que mantiñamos un ano e meio antes con Fran Buey, do CSA Casa Encantada de Compostela. Nesta ocasión dende a Casa Encantada nos comentan máis sobre a singularidade deste centro social, estabelecemos unha conexión con Xacio da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros e mantemos unha conversa con Keke do CSA Mil Lúas de A Coruña.
Tres centros socias, tres, que hoxe en día non existen, aló menos tal e como os coñeciamos nalquel momento. Decimos isto xa que é moi probábel que aqueles protagonistas cos que mantivemos as conversas, naqueles primeiros noventa, estean hoxe en día dando vida novos espazos liberados. O propio CSA Laboratorio Okupado As Atochas no Bairro de Monte Alto (A Coruña), é bon exemplo da vixencia do citado movimento, mais deste espazo xa tivestes boa conta noutras entradas deste blog e na propia Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Para nós, estes audios se teñen convertido nuns documentos que describen na voz dos seus protagonistas, como funcionaban tres centros socias (que non os únicos) aos que puidemos achegarnos os pequenos monstros, naqueles anos, cando este Divertimento se emitía ao través das ondas da radio pública local Radio Fene 107.7 FM (A Coruña).