Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

09 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 3. luns 23 de outubro de 2017

Abriuse esta emisión escoitando o 1º movemento da Sinfonía nº 2  Nas montañas de Galicia  do compositor Andrés Gaos. 

Música que, unha vez presentados os convidados Roberto Taboada, Camilo Casal e Paulino Gasalla, serviu para abrir os novos obradoiros de medio ambiente e historia. 

Roberto Taboada falou das novas da Asociación Veciñal de Canido, 
Pasouse logo a debater entre os presentes a situación pasada a semana anterior, cando o lume arrasou 35.000 hectáreas dos montes galegos.

Camilo Casal continúa o obradoiro medioambiental. Respostas a moitas preguntas sobre un tema tan actual como é o cambio climático, causas e consecuencias.

Paulino Gasalla dende o Obradoiro de historia, achegounos a figura de Alejandro Porto Leis e todo o laborioso proceso de investigación arredor do que foi último Alcalde Democrático do Concello de Serantes. Traballo de investigación que deu como resultado un documental, O segredo da Frouxeira, e un libro Alejandro Porto Leis. Un Alcalde para o pobo en tempos escuros, editado pola ASC Muíño do Vento.

Remate da emisión escoitando o poema Ergueremos a Espranza de Celso E. Ferreiro  na voz de Suso Vaamonde.

 

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 2. Luns 9 de outubro de 2017

Programación arredor do Urbanismo que contou coa presencia de Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal de Canido, María Fernández Lemos, Concelleira de Urbanismo en Ferrol, Juan Ares Gondell, enxeñeiro Industrial de Urbanismo no Concello de Ferrol e Andrés Santalla, profesor do IES Canido e coñecedor e divulgador da figura de Tonucci. Presenta Roberto Taboada as novas actividades que se están a realizar na Asociación Veciñal e pásase ao debate sobre Urbanismo.

Dende unha visión das novas tendencias no urbanismo universal, pasando polo urbanismo en Galicia e Ferrol, ata chegarmos ao debate arredor do urbanismo no barrio de Canido. Da necesidade de achegar o urbanismo as novas tendencias internacionais, de aplicar en Galicia as medidas necesarias para a corrección de desfeitas urbanísticas, das apostas sobre un urbanismo ferrolán que sen esmorecer no pasado teime por un urbanismo do noso século, ata as propostas para o barrio de Canido (comunicación que permita mobilidade e encontro do barrio co Centro, posibles aparcadoiros, Casa Chalé, Antiga Residencia, Centro Cívico, Rúa Celso Emilio, Novo Parque Antón Varela…). Necesidades dun Barrio que necesita dun novo Plan Urbanístico continuador do Urban.

Presentación do Camiños Escolares e a necesidade de incluír esta proposta nunha nova visión urbanística centrada nunha Cidade para os Nenos.

Na Rúa do Silenzo, Alalá das Mariñas, Os meninos de Huambo (con recitado de Magdalena, alumna do IES Canido) formaron o acompañamento musical deste programa.



08 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº 1. luns 25 de setembro de 2017


Primeiro programa que tiña como obxectivo fundamental a presentación da ASC. MUÍÑO DO VENTO e explicar as razóns desta nosa presencia en Radio Filispím.

Contamos para elo coa asistencia no estudio da presidenta, Carmen Cuesta e dos vogais Rafael Rodríguez e Roberto Taboada. Presentou César Pita e na parte técnica estiveron Pepa Evia, María Xosé Ballesteros, e supervisión e apadriñamento de Fran.

Pequena introdución musical, O barco vai de saída, e pasouse ao debate entre os asistentes sobre a necesidade de lograr outra información que vaia máis aló da que acotío nos dan os medios convencionais. Chégase a conclusión da necesidade de estar sempre naqueles medios informativos libres, colaborando e prestando canta axuda sexa necesaria. Outra información é posible e agora mesmo imprescindible.

Preséntanse as programacións de Muíño do Vento e coas raíces na Terra, inxírense estas programacións no barrio de Canido.

ASC MUÍÑO DO VENTO agradece a Radio Filispín esta posibilidade de espallar as súas programacións  dende o seu dial (93.9)  e expresa os seus desexos de longa vida á Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos.

Pechamos debate, pechamos portas e xanelas do Muíño e despedímonos con Fausto e a súa proposta de.... Navegar, navegar

06 dezembro, 2017

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 247 28.11.2017

FINAL EN HAWAII Para cuando subamos este podcast a las redes sociales algunos de los interrogantes que nos planteamos ya habrán sido aclarados. Hablamos de quién ganará el título mundial femenino y masculino y, de paso, que surfers del WQS lo harán bien en Sunset y se clasificaran para el CT del año próximo. Todo está abierto y para comentarlo disponemos de un panel de analistas magnífico: Clyde Martin, Rubén González, Vicente Romero, Antón Bruquetas y Yago Zapata. Además -vía Wapp- nos da su pronóstico Pablo Romero -Ochy-. Lo que sí es seguro, es que a través de Internet disfrutaremos muchas noches (mañanas allá) de las olas de Sunset Beach, Honolua Bay y Pipeline surfeadas por las mejores y los mejores surfistas del planeta. Sally, Tyler, Courtney, Carissa, John John, Medina, Jordy….y otros muchos que, por cierto, también pasaron en algún momento por Pantín. Suerte a todos y que ganen los mejores. Con el interés que despiertan las opiniones expuestas (también hablamos de las piscinas de olas) poco tiempo le dejamos a la música, algo de Courtney Barnett & Kurt Vile, de Tom Curren, el carismático tricampeón del mundo que también le da a la música, acabando con los Walking Who.

Ábrete de orellas, programa CCVII, 4-decembro-2017

Acumúlansenos as novidades entre a visita ao Culturgal e os envíos á nosa redacción. Repasamos varios destes traballos e tamén algúns concertos e xiras interesantes nestes días.



    • A banda da loba "Abrente"
    • Nastasia Zürcher "Fluír"
    • Banda Crebinsky "Estado de sitio"
    • Magín Blanco "O abecedario"
    • María Fumaça "Convivindo"
    • Uxía "Branca, Uxía e Arturo"
    • Lichis "Girasoles"
    • Ash Grunwald "Second Guess"
    • Brais Morán "Madrugada"
    • Davide Salvado "Muiñeira Maronda"
    • Guadi Galego "Tribu"
    • Pancho Álvarez "Aires de Guimaraes"
    • Víctor Aneiros "Bórrate"
    • José Ignacio Lapido "Dinosaurios"
    • Club del Río "Materia gris"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona
Radio Fedello os xoves

02 dezembro, 2017

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 246 21.11.2017




VUELTA A LA MÚSICA

Después de un par de semanas hablando –o leyendo- más de la cuenta por mor del libro de W. Finnegan, toca volver a la música. Temas de diverso voltaje pero de alta calidad todos ellos. Si no me equivoco, suenan por este orden los Kinks, los Doors, Nitin Sawhney, Love, Low, Diiv, Lovin Spoonful, Wolf Alice, Jefferson Airplane, Damien Jurado y los Zombies.

30 novembro, 2017

Ábrete de orellas, programa CCVI, 27-novembro-2017

Encántanos repasar a axenda de concertos e atoparnos con varios dos que temos edición física. Algún deles será presentado ao vivo na inminente edición do Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Tamén contamos con varias novidades de pop-rock de autor en castelán. A ver qué vos parecen as cancións seleccionadas para esta semana.


    • Víctor Aneiros "Mucho postureo"
    • Freedonia "Re-Evolution"
    • Wöyza "Pelea"
    • Magín Blanco "Peixiños do mar"
    • 2uS "Baile de máscaras"
    • Uxía "Fiandeira"
    • Txetxu Altube "Tras el huracán"
    • José Ignacio Lapido "Escalera de incendios"
    • Hotel Nebraska "Tan cerca pero tan lejos"
    • Pancho Álvarez "Illas do norte"
    • Mordem "The Beast"

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona
Radio Fedello os xoves

29 novembro, 2017

Programa 37 de Directo de Esquerdas (Feminismo)

Programa radiofónico da actualidade política cunha ollada dende a esquerda. No programa de hoxe falamos con Chelo Carballal e Lucia Vizoso acompañados por Alexandre Carrodeguas e Fernando Ramos. Entrevistamos a Pilar Estevez da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) de Galiza. Todos os martes das 21:15 as 22:45h.
Related Posts with Thumbnails