Pesquisar neste blog

30 abril, 2009

007 Aquilo que vibra

[aquiloquevibra.jpg]
Nova entrega de Aquilo que vibra 27 de Abril de 2009.

Descargar o arquivo

024 Spanglish

[spanglish.jpg]
Este é o Set list do Spanglish Express do 24 de abril de 2009.
  • Bonaparte – Too much – I can´t dance
  • Pj harvey and John_parish - A woman a man walked by – “Sixteen, fifteen, fourteen”
  • The Pains of Being Pure at Heart – “Hey Paul”
  • Rene aka Maker – “Camera Obscura (radio edit)”
  • Cuchillo – “Summertime in Sweden”
  • Delorean – AyrTon Senna ep - “Deli”
  • Bang74 - Three Kids – “Candy”
  • Goldfrapp – “A&E”
Descargar o arquivo

027 Divertimento Para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Non é a primeira vez que andan polo Divertimento da Filispim.

Oscar, Miguel e Alberto do supergrupo pop ferrolá Quant, estiveron na última edición do Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (e tambén para os ouvintes da Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro e inflamado disco grande New adventures in full colour.

Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant.

Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en pequenas radios e disfrutadas por non menos pequenos monstros.

Ademáis, no programa contamos coa agradábel presenza de Xosé, da radio libre de Lugo, Radio Clavi, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a súa volta ás ondas luguesas. Agardamos que moi cedo o Xosé e o resto dos integrantes da asemblea da Clavi, dean nova vida a estoutro elo da comunicación alternativa nas ondas galegas.

Deixámosvos co enlace do audio do Divertimento do pasado 23 de abril de 2009.

Descargar o arquivo

20 abril, 2009

014 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Estimados oíntes, no Recuncho do sábado 18 de Abril, prestamos especial atención aos seguintes temas:
  • Conmemoración do aniversario da 2ª República. Escoitaremos audios de diferentes personaxes históricos relevantes do momento. Tamén estivemos na conferecia organizada pola asociación de memoria histórica acerca da 2ª República. Falan Xose M. Suárez e Eliseo Fernández dos logros e problemas que se atopou a República.
  • Escoitaremos a representantes dos diferentes colectivos que participaron no festival de Radio FilispiM.
  • No estudo, en directo, o historiador e directivo de Fuco Buxán, Enrique Berrera, o cal nos presentará o seu último libro " Pisbes e a Peninsular Madereira" e nos falará dos logros da 2ª República.
  • No apartado poético: Miguel Hernández.
  • Como sempre, os apartados "Menoss Media" e "De Gratiss".
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descargar o arquivo

023 Spanglish

[spanglish.jpg]
Set list do Spanglish do 17 de abril de 2009:
  • CSS – “Odio odio odio sorry C.”
  • Pj harvey and John_parish - A woman a man walked by - “Black hearted love”
  • The Pains of Being Pure at Heart – “Come Saturday”
  • Free - “Wishing well”
  • Dinosaur Jr - “Out there”
  • Dinosaur Jr - “Budge”
  • The telephones – Japan – “It´s OK”
  • Extraperlo – Desayuno Continental – “Negroni”
  • The Get Up Kids - “Close to Me”
  • Bang74 - Three Kids – “Time to make things right”
  • Los Ruines – Copernical Revolution – “Not mine” y “Cramped Soul”
  • The Wedding Present - “This Boy Can Wait”
Descargar o arquivo

026 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Post conspirar: acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo.

Ista podería ser unha definición do que vimos de fazer na última edición do Divertimento para pequenos monstros na Rádio FilispiM. Nela, amplificamos as reflexións dalgúns dos colectivos participantes na II Feira de Colectivos dentro da VI edición do CONSPIRANDO, ouvimos música e collimos un trauma.

Pequenos monstros, tod@s xunt@s, por Finispinilandia: Viva o mal!!! viva o Capital!!!

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]