Oscar, Miguel e Alberto do supergrupo pop ferrolá Quant, estiveron na última edición do Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (e tambén para os ouvintes da Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro e inflamado disco grande New adventures in full colour.
Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant.
Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en pequenas radios e disfrutadas por non menos pequenos monstros.
Ademáis, no programa contamos coa agradábel presenza de Xosé, da radio libre de Lugo, Radio Clavi, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a súa volta ás ondas luguesas. Agardamos que moi cedo o Xosé e o resto dos integrantes da asemblea da Clavi, dean nova vida a estoutro elo da comunicación alternativa nas ondas galegas.
Deixámosvos co enlace do audio do Divertimento do pasado 23 de abril de 2009.
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário