Este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio FilispiM,(93.9 FM) emitiuse en directo a octava edición de "O Recuncho" o programa radiofónico da A.C. "Fuco Buxán".
Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina, falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.
Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 personas, e tivémola oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación, con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.
Falaremos da homenaxe que a Asociación Memoria Histórica Democrática dedicará a Amada García, a comunista mugardesa fusilada en San Felipe un 27 de xaneiro, hai 71 anos.
En directo, no plató, Cholo, un dos creadores do portal de internet Komunikando.net, punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.
Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente, a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.
Na última edición de Divertimento para pequenos monstros, do pasado 22 de xaneiro falamos de:
Guinga. O guitarrista brasileiro agredido no aeroporto de Barajas, do que ademáis ouvimos a súa música.
Novidades na grella da Rádio FilispiM. Centramos hoxe a nosa atención no programa Marca Branca, que elabora semanalmente dende Rádio Zero de Lisboa, Rute Correia, e que dende hai algunhas semanas tambén difunte a FilispiM.
A Fundazón Vía Galego, para o fomento do intercambio cultural con outros territorios dentro do universo lingüístico galego-portugués.
O sindicato libertario CNT obtén un veredito favorábel fronte á SGAE.
Todos estes contidos aderezados de boa música. Deixámovos co audio para aqueles aos que non vos chegan as ondas filispinianas. Agardamos que gostedes.
Dende a pasada semana Divertimento para pequenos monstros, pasa a emitirse tambén nas lexendarias ondas libres de Rádio Piratona, para toda a ría de Vigo.
O programa que producen os Pequenos monstros, pode ouvirse neses momentos ao través de Rádio FilispiM para Ferrol e comarca, Rádio Piratona para toda a Ría de Vigo, así como ao través de diversos podcast en todo mundo como os que podes atopar: no blog do Colectivo Opaíí! - Rádio Filispim, ou ao través do portal Podgalego.org.
Na edición do pasado 15 de xaneiro de 2009, Divertimento tratou os seguintes contidos:
A situación en Palestina no día de maior ofensiva do exército israelí.
XIV edición do Festival Treme a Terra de Ponteume (A Corunha). Entrevista telefónica con Lois, un dos organizadores do evento.
Entrevista a Pablo do grupo punk eumés Arenga. Un dos grupos participantes na XIV edición do Treme a Terra que apresentanos a súa primeira e inflamante maqueta "Pensa en loita".
Um novo programa sai à luz esta semana: O Tragasons, umha produçom de Mapamundi Radio realizada em galego-português com a intençom de divulgar as músicas do mundo no âmbito da Galego-Lusofonia, a lançar pontes entre Galiza, o resto de países lusófonos e qualquer lugar do mundo onde haja quem fale a nossa língua comum.
Começam este janeiro de 2009 as suas emissões em Rádio Filispim de Ferrol (Galiza) e Radio ELA de Madrid, numha iniciativa aberta a ser emitida livremente por todas as emissoras de Galiza, Portugal, Brasil e o resto do mundo que o solicitarem aos seus autores en neste enderezo radio@mundimapa.com
Coma todas as propostas deMapamundi Radio de seguro será tudo um sucesso.
Estes son os horarios nos que poderás ouvir O Tragasons, na Rádio FilispiM, 93.9 FM, a livre e comunitaria da Terra de Trasancos:
Segundas (luns), de 12:00 a 13:00 h.
Cuartas (mércores), de 17:00 á 18:00 h.
Sextas (venres), de 15:00 á 16:00 h.
Ademáis, dende este reprodutor poderás escoitar, cada semán, un novo Tragasons: