Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 janeiro, 2009

015 Divertimento para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Dende a pasada semana Divertimento para pequenos monstros, pasa a emitirse tambén nas lexendarias ondas libres de Rádio Piratona, para toda a ría de Vigo.

O programa que producen os Pequenos monstros, pode ouvirse neses momentos ao través de Rádio FilispiM para Ferrol e comarca, Rádio Piratona para toda a Ría de Vigo, así como ao través de diversos podcast en todo mundo como os que podes atopar: no blog do Colectivo Opaíí! - Rádio Filispim, ou ao través do portal Podgalego.org.

Na edición do pasado 15 de xaneiro de 2009, Divertimento tratou os seguintes contidos:
  1. A situación en Palestina no día de maior ofensiva do exército israelí.
  2. XIV edición do Festival Treme a Terra de Ponteume (A Corunha). Entrevista telefónica con Lois, un dos organizadores do evento.
  3. Entrevista a Pablo do grupo punk eumés Arenga. Un dos grupos participantes na XIV edición do Treme a Terra que apresentanos a súa primeira e inflamante maqueta "Pensa en loita".
Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com e radiomonstro@gmail.com

Descargar o arquivo

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails