Pesquisar neste blog

03 janeiro, 2015

Off Mental - programa 69

Llorenç Barber
Edición nº 69 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Terceiro  achegamento ao desaparecido selo estatal HYADES ARTS, desta vez coa audición dun dos "conciertos ciudadanos" do artista sonoro valenciá, Llorenç Barber.

Sobre o autor: 
"Llorenç Barber i Colomer, nado en Aielo de Malferit (provincia de València) o 6 de agosto de 1948, é un compositor, escenógrafo e director musical. Introdutor do minimalismo musical en España e creador dos xéneros de «música plurifocal» («concertos de cidade», «naumaquias», «tauromaquias», «concertos dos sentidos», «concertos itinerantes»...)". -wiki-

Sobre a obra: "A principios de 1988, Llorenç Barber, creou o que sen dúbida constitúe unha das ideas máis orixinais e fermosas dentro da composición musical do século XX: os "Cidadanos Conciertos de Campanas". Trátase de descomunales sinfonías de campanarios onde cidades enteiras soan ao compás de precisas partituras minimais (ou heterorepetitivas), rigorosamente coordinadas por medio de indicacions cronométricas exactas... Barber compuso xa, mais de setenta obras sonoras destas características para outras tantas cidades de España, México, Portugal, Alemaña, Italia, Holanda, Austria, Inglaterra, Franza, Cuba, Polonia, Eslovenia e Dinamarca (...)
As tres formas de escoita dos "Conciertos de Ciudad", son as seguintes:
  • Audición estática: o público sube a teitos balcóns ou colócase nos cruceiros das rúas.
  • Audición panorámica: o público sae do casco urbán onde se realiza o concerto, para subir ás montañas, colinas ou miradores panorámicos das estradas. 
  • Audición peripatética: o público deambula polas rúas da cidade, atende os ecos e rebotes, mergúllase nos tubos sonoros no que se convierten algunhas rúas estreitas. A ubicación de cada escoita, asi coma o tipo de audición que este elixa, reorganiza por completo, unha e outra vez, a estrutura espacial da obra..."  -campaners.com-
Audición:
LLORENÇ BARBER - Concierto para campanarios y espadañas de la ciudad de Granada.
Rexistro sonoro: Cidade de Granada, 9/10/1992.
Publicado por: Hyades Arts (CD, 1992).

Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
+ info: http://offmental.blogspot.com

01 janeiro, 2015

Ábrete de orellas, programa 59. 29-dec-14

gravación do 29-decembro-2014


No derradeiro programa do ano repaso algúns dos concertos dos que máis gocei fóra dos festivais ( Festival Sinsal San Simón , PortAmérica , WOMEX 2014 ...)
Faltan 2 nomes principalmente: Juan Perro (con Joan Vinyals na Sala Mardi Gras e con La Zarabanda na Praza da Quintana) e Madness na praia de Riazor. Sendo menos esixente ou paixonal cabería algún máis, pero son todos os que están.
Tamén lembro dúas bandas galegas que se despediron ao vivo e adianto un disco compilatorio dunha banda valenciana de rock que vén de cumprir 25 anos de carreira !
  
  • Dee Dee Bridgewater "Fine and Mellow"
  • Sharon Jones and the Dap-Kings "Big Bulbs"
  • Tune-Yards "Real Thing"
  • Berrogüetto"Anubía"
  • Marful "María ninguem"
  • Amancio Prada "La guitarra"
  • Frank Yamma "Everybody's Talking"
  • José Ignacio Lapido "De espaladas a la realidad"
  • Dream Syndicate "Definitely Clean"
  • The Rubinoos "I Wanna be your Boyfriend"
  • Jorge Drexler "La plegaria del paparazzo"
  • Doctor Divago "No tan bueno"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.  
Abretedeorellas.com

31 dezembro, 2014

TRASH ROCK (26-12-2014)

                                                   
                                                 

Último programa do ano 2014 de TRASH ROCK. Unha tarde onde a duración do especial foi de 120 minutos compartidos cos invitados especiais Javier Malespina e Anxo Vázquez. 

29 dezembro, 2014

PROGRAMA Nº12 DE SONS REVELA2 (26-12-2014)

Rematamos o ano ao grande en SONS REVELA2 grazas a entrevista e a música de Kozmic Blues: un dúo cheo de ganas e ilusión. 
                                                      
Temas musicais:
-Repertorio de Kozmic Blues
-Every Breaking Wave (U2)
-Joe Cocker   With a little help from my friends
-Vieux Farka Toure   'Ana'


Divertimento para pequenos monstros; especial fin de ano, 2014.

Unha instánea do especial fin 2014

Edición especial fin de ano, 2014, de Divertimento para pequeno monstros.

Cadrando cos últimos días do ano 2014, contamos coa visita no estudio filispiniano de compañeir@s da Rádio FilispiM e do Colectivo Opaii!!. En conversa informal, pinchamos música, fixemos balanzo deste ano filispiniano que xa remata, adiantamos algúns dos actos que terán lugar no 2015, ano no que Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións. Como non podía ser menos, brindamos con cava polo novo ano e tomamos uns dóces.

No estudio estiveron: Fran (Sonido Emergente), Juanillo (Trash-Rock), Pepe Cunha (Ábretedeorellas), Javi Malespina (Sons Revela2), Espe Vázquez (Sons Revela2), Ana Lucecú (Divertimento), Pequeno Monstro (Divertimento). Por teléfono: Xurxo Gago (Entrelazados), Xosé Luis Díaz (Radio Kaos).

Agradecementos especiais a Pepe Cunha (Ábretedeorellas) pola exclusiva mundial dunha das pezas rexistradas durante o concerto que Germán Coppini (de cuxo pasamento cúmprese un ano) deu no Teatro Jofre de Ferrol, xunto a "Comando Delta", xurdida de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza) o 18/04/2009, e que vén de ser editado esta semana en CD, baixo o título de Semper Audax.

A equipa de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, desexamos a todas as persoas ben nacidas, unhas boas festas e un próspero ano novo. Saúde, e a polo 2015, ano filispiniano!


Conduce e apresenta: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).

26 dezembro, 2014

80 Vinilos/h - programa 73 (especial "El Zurdo")

Fernando Márquez, "El Zurdo"

Edición nº 73 de 80 Vinilos/h.

- Separata especial da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
     Especial  FERNANDO MÁRQUEZ (El Zurdo)
  
Contido:
  • KAKA DE LUXE 
        - La pluma eléctrica (Ep. Chapa Discos, 1978).
        - Pero que público más tonto tengo (Lp. Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983).
  • PARAISO 
        - Para ti (Single. Zafiro, 1979).
        - Estrella de la radio. Zafiro, 1979).
  • LA MODE (con Mario Gil e Antonio Zancajo). 
         - Wild puppets (Lp. El Eterno Femenino. Nuevos Medios, 1982).
         - La cólera (Lp. 1984. Nuevos Medios, 1984).
  • KIKI DAKÍ (letra/musica: Fernando Márquez). 
         - El futuro (Mini Lp. Nuevos Medios, 1984).
         - Accidente (Mini Lp. Nuevos Medios, 1984).
  • POP DECÓ (con Teo Cardalda). 
         - La exposición internacional de los 80s (Lp. Nuevos Medios, 1986).
  • PROYECTO BRONWYN 
         - El hombre que sabía demasiado (Mini Lp. Twins, 1987).
  • LOS FANTASMAS DEL PARAISO (con Antonio Galbañ) 
         - La Bella Durmiente (CD-Ep Spicnic, 2002).
  • FERNANDO MÁRQUEZ "EL ZURDO"
         - Drama (CD. Sangre Sabia. Lollipop, 2002).
         - Mi canción (CD. Sangre Sabia. Lollipop, 2002).


Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), TT Radio (on line), Radio Redondela (Radiofusión).
Para difundir este programa en radios no comerciais, contacta co Pequeno Monstro.
Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com

23 dezembro, 2014

Ábrete de orellas, programa 58. 22-dec-14

gravación do 22-decembro-2014

O programa desta semana vese contaxiado polo mellor espírito das festas de Nadal, así que compartimos os nosos mellores desexos a través de 3 versións estupendas.
Antes diso, anunciamos concertos, seguimos a revisitar discos notabeis deste 2014 e aproveitamos un par de efemérides para escoitar dous clásicos.


  • Siniestro Total "Jóvenes, vírgenes y castos"
  • Trampoline "Pointless"
  • Balakandra "DZ"
  • Es un árbol "El corte inglés"
  • Frank Zappa "WPLJ"
  • Germán Díaz "La eternidad y un día"
  • Guadi Galego "Ramo"
  • Radio Pesquera "Viento en popa"
  • Albert King "Born Under a Bad Sign"
  • Víctor Aneiros "Canido blues"
  • Damba + Brina "Redemption Song"
  • Mary Black & Joan Baez "Ring Them Bells"
  • Marisa Monte "Give Me Love (Give Me Peace on Earth)"

Selecciona e comenta, Pepe Cunha.  
Abretedeorellas.com

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]