Llorenç Barber |
Sobre o autor: "Llorenç Barber i Colomer, nado en Aielo de Malferit (provincia de València) o 6 de agosto de 1948, é un compositor, escenógrafo e director musical. Introdutor do minimalismo musical en España e creador dos xéneros de «música plurifocal» («concertos de cidade», «naumaquias», «tauromaquias», «concertos dos sentidos», «concertos itinerantes»...)". -wiki-
Sobre a obra: "A principios de 1988, Llorenç Barber, creou o que sen dúbida constitúe unha das ideas máis orixinais e fermosas dentro da composición musical do século XX: os "Cidadanos Conciertos de Campanas". Trátase de descomunales sinfonías de campanarios onde cidades enteiras soan ao compás de precisas partituras minimais (ou heterorepetitivas), rigorosamente coordinadas por medio de indicacions cronométricas exactas... Barber compuso xa, mais de setenta obras sonoras destas características para outras tantas cidades de España, México, Portugal, Alemaña, Italia, Holanda, Austria, Inglaterra, Franza, Cuba, Polonia, Eslovenia e Dinamarca (...)
As tres formas de escoita dos "Conciertos de Ciudad", son as seguintes:
- Audición estática: o público sube a teitos balcóns ou colócase nos cruceiros das rúas.
- Audición panorámica: o público sae do casco urbán onde se realiza o concerto, para subir ás montañas, colinas ou miradores panorámicos das estradas.
- Audición peripatética: o público deambula polas rúas da cidade, atende os ecos e rebotes, mergúllase nos tubos sonoros no que se convierten algunhas rúas estreitas. A ubicación de cada escoita, asi coma o tipo de audición que este elixa, reorganiza por completo, unha e outra vez, a estrutura espacial da obra..." -campaners.com-
Audición:
LLORENÇ BARBER - Concierto para campanarios y espadañas de la ciudad de Granada.
Rexistro sonoro: Cidade de Granada, 9/10/1992.
Publicado por: Hyades Arts (CD, 1992).
LLORENÇ BARBER - Concierto para campanarios y espadañas de la ciudad de Granada.
Rexistro sonoro: Cidade de Granada, 9/10/1992.
Publicado por: Hyades Arts (CD, 1992).
Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
+ info: http://offmental.blogspot.com
Nenhum comentário:
Postar um comentário