Pesquisar neste blog

30 outubro, 2014

Ábrete de orellas, programa 50


gravación do 27-outubro-2014
Esta semana comezamos programar cancións de discos traidos do WOMEX 14 Santiago de Compostela e repasamos algúns concertos desta semana:

E ollo, que hai sorteo dun disco por cumprirmos 50 programas !


  • Germán Díaz "Cúmulo con ventrículo izquierdo"
  • Rao Trío "El medallón"
  • Warsaw Village Band con Mercedes Peón "Fly my Voice!"
  • Frank Yamma "Nguta Walijlpa"
  • Raúl Rodríguez "Si supiera"
  • Víctor Aneiros "Na barra"
  • Caxade "Lei d'Hondt"
  • José Ignacio Lapido "Furioso con el mundo"
  • Quique González "Se equivocaban contigo" 
  • Carmen París "Mucho ringo rango"
  • Driss El Maloumi "Tawazoun"

aquí tes o podcast: Ábrete de orellas nª 50

5º Programa Entrelazados [Especial Samaín]


5º Programa Entrelazados [Especial Samaín], programa divulgativo en lingua galega coordinado e conducido por Xurxo Gago. Celebramos o Samaín dende as ondas da Rádio FilispíM. Coa presenza nos estudos de nen@s con idades de entre os seis e os dez anos onde todos xuntos vivimos un marabilloso [Especial Samaín].
Temas do Especial Samaín
Literatura Galega:  
Breve monográfico Samaín.
Poema Rosalía de Castro  "Eu vin estar o Moucho"
Conto de OQO Filmes: Fiz, O Coleccionista de Medos
Música Galega: 
Uxía Senlle (Rosalía Pequeniña)
  Andrea Picos e Jesús Pareja (Samaín)
Mamá Cabra (Samaín)
 Mamá Cabra (Tumba Tumba)
Lectura Samaín: 
Blanca, Juán, Samuel, Diego, Alejandra, Lois.




Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

Sin Fronteras 4º (4ª Temporada)


Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico. En el cuarto programa de la cuarta temporada tratamos sobre las elecciones en Uruguay y Brasil, además del caso de los estudiantes desaparecidos en México.



 Directo: Miércoles de 20:00 a 21:00hrs.
Repetición: Viernes de 11:00 a 12:20hrs.
Online: http://opaii.blogspot.com

29 outubro, 2014

O Recuncho nº 204


Mércores, de de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 204, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: O profesor Xosé Mª Dobarro
Tema : Da transición a hoxe, a loita pola liberdade.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “De pié de Banco”
Na “Sección Poética” : Celso Emilio Ferreiro
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “De Voces Ceibes a Milladoiro” de Antón Seoane.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Voces Ceibes
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

Escarnio! Podcast do novo programa


Xa podedes escoitar o novo programa de Escarnio! no noso podcast.

Neste programa contamos como convidado a un traballador de Mercadona, dos que recentemente deron unha intensa batalla pola defensa dos seus dereitos no centro de traballo.

Non perdades os nosos "Partes de Guerra", onde vos traemos toda a actualidade da bisbarra e parte do extranxeiro, así como a nosa sección cultural, na que falaremos de "Ciudad en Rojo" o filme cubano do 2009.

Para pechar, falaremos da loita histórica de Outubro do 34, con motivo do seu 80 aniversario.

Escoita, participa e súmate ao escarnio!



P.D. Tamén contamos coa participación telefónica en directo dunha empresa de reformas, coa que non chegamos a entendernos... nós somos máis de revolución.

28 outubro, 2014

"Carne Cruda" e Javier Gallego aterran na libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM


Carne Cruda, o estupendo programa de Javier Gallego, volve a carga dende eldiario.es. Logo de ter probado sorte na radio pública e na radio privada, cren na necesidade de independizarse e pedir aos ouvintes que sexan os propios produtores do espazo. Neste enlace atoparás toda a info de como contribuir a darlle continuidade ao máis crudo programa de radio.

Dende xa, Rádio FilispiM, vai redifudir os podcast do programa, enlazadoa orixinalmente en: http://www.carnecruda.es/. Grazas a disposición de Javier "Crudo" e a súa equipa, aa radios libres e comunitarias do Estado daremos difusión a este estupendo programa gañador do premio Ondas 2012, ao mellor programa de radio.

Toma nota da difusión de Carne Cruda na Rádio FilispiM, 93.9 FM:
  •  Mércores, de 10:00 a 12:00 h. do mediodía.
  •  Domingos, de 21:00 á 23:00 h. da noite.

27 outubro, 2014

A Fábrica de Lus vol.33: Electrocutados


Falamos neste volume da Fabrica de lus con Andrés, representante en Ferrol da ILP pola auditoría do sector enerxético en España, con Begoña, do colectivo Véspera de Nada, que xa vai pola segunda edición da súa "Guía para o descenso enerxético", e con Lalán, do Comité Cidadán de Emerxéncia da Rí­a de Ferrol, sobre as repercusións ambientais, sociais e económicas do sector da enerxía no noso país.                                 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]