Carne Cruda, o estupendo programa de Javier Gallego, volve a carga dende eldiario.es. Logo de ter probado sorte na radio pública e na radio privada, cren na necesidade de independizarse e pedir aos ouvintes que sexan os propios produtores do espazo. Neste enlace atoparás toda a info de como contribuir a darlle continuidade ao máis crudo programa de radio.
Dende xa, Rádio FilispiM, vai redifudir os podcast do programa, enlazadoa orixinalmente en: http://www.carnecruda.es/. Grazas a disposición de Javier "Crudo" e a súa equipa, aa radios libres e comunitarias do Estado daremos difusión a este estupendo programa gañador do premio Ondas 2012, ao mellor programa de radio.
Toma nota da difusión de Carne Cruda na Rádio FilispiM, 93.9 FM:
- Mércores, de 10:00 a 12:00 h. do mediodía.
- Domingos, de 21:00 á 23:00 h. da noite.