O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...
O pasado venres 10 de outubro se estrenou na Radio Filispim (93.9) o programa SONS REVELA2, unha proposta que xurde da mán de Javier Malespina e Esperanza Vázquez Dopico.
Os temas que vai tratar este programa, o cal se emite en directo todos os venres de 20:30- 21:30, e en diferido os sábados de 10:00- 11:00 da mañá e mércores de 2:00-3:00 da madrugada, son: música, comentarios, fotografía, entrevistas a artistas e axenda de exposicións e concertos.
En canto ao noso primeiro invitado, debemos dicir que se trata dun fotógrafo ferrolán, coñecido como Pablo Pradoss, o cal ven de expoñer o seu traballo chamado "Sentimentos" no Ateneo Ferrolán.
No estudio Suso Eiroá, elemento maior do Manchita Cosa, que este sábado 11 de outubro, celebra o seu XI aniversario coa actuación estelar de Joe Crepúsculo.
Conexión con Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá, quen nos comenta a Axenda Divertimento e un particular ranking de hixiene dos baños públicos nos locais da noite ferrolá.
Despedida e feche do estudio.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Transmiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).
A Fabrica de lus, este sábado 11 de outubro, entre as 11 e as 13 horas, no seu programa número 32, aborda o conflicto da mobilidade no centro histórico, con representantes de colectivos veciñais e ecoloxistas da cidade. Coma sempre o debate irá acompañado dun pouco de música e das estrevistas a comerciantes e veciños do barrio da Madalena.
Segunda emisión do programa Entrelazados na Rádio FilispiM, un programa de variedades presentado e conducido por Xurxo Gago, con música galega, literatura, pasaxes da historia galega, mini-entrevistas, divulgación de novas alternativas e misterios do mundo e da terra, conxúganse coa voz d@s oíntes, todo, dende a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos.
Temas das seccións
Literatura Galega: Pasaxe da historia galega: A batalla do Monte Medulio.
A Túa Voz: Es partidaria, partidario, do dereito a decidir dos pobos históricos?
Misterios do Mundo e da Terra: Vida trala morte.
Novas Alternativas: Lectura das novas máis relevantes no mundo do periodismo alternativo.
Presentado y conducido por Susana Alaniz, a los mandos Xurxo Gago, y la abogada María Teresa Bustamante en su sección "Porque nadie es ilegal". Música, información de inmigración, entrevistas, denuncias, quejas, etc.