Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 outubro, 2014

ESTREA DE SONS REVELA2

O pasado venres 10 de outubro se estrenou na Radio Filispim (93.9) o programa SONS REVELA2, unha proposta que xurde da mán de Javier Malespina e Esperanza Vázquez Dopico.                      

                                                 


Os temas que vai  tratar este programa, o cal se emite en directo todos os venres de 20:30- 21:30, e en diferido os sábados de 10:00- 11:00 da mañá e mércores de 2:00-3:00 da madrugada, son: música, comentarios, fotografía, entrevistas a artistas e axenda de exposicións e concertos.

En canto ao noso primeiro invitado, debemos dicir que se trata dun fotógrafo ferrolán, coñecido como Pablo Pradoss, o cal ven de expoñer o seu traballo chamado "Sentimentos" no Ateneo Ferrolán.

Para poder ver o seu traballo a sede web é a seguinte: http://pablopradoss.com

A continuación vos deixamos por aquí unha lista dos temas musicais que soaron e unhas cantas imaxes que reflicten o ben que o pasamos o primeiro día :

-Lucas Santtana: Funk Dos Bromanticos  

-The Script: Superheroes 

-Amadou e Mariam: Chérie- Antilles Mix (sidestepper remix) 





Para contactar con nós: 
-Correo: sonsrevela2@gmail.com
-Twitter: @SonsRevela2
-Facebook: SONS REVELA2 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails