Pesquisar neste blog

06 fevereiro, 2014

OFF MENTAL (a cara "B" da música) programa 58

Popol  Vuh - Hosianna Mantra (1972)

Sétimo (e último) achegamento ao selo francés de música avanzada de finais dos 70´s, Egg Records.
  • POPOL VUH - Coeur de Verre -BSO filme de Werner Herzog- (Egg Records, 1976).
       - Engel der Gegenwart.
       - Blätter aus dem buch der Kühnheit.
       - Das lied von den Hohen Bergen.
       - Der Ruf.
           
Piano: Florian Fricke
Flute: Matthias v. Tippelskirch
Guitar & Percussion: Daniel S. Fichelscher
Sitar: Al Gromer
  • POPOL VUH - Hosianna Mantra (Pilz Records, 1972).
       - Ah!
       - Kyrie.
       - Hosianna Mantra
     
Composed & lyrics: Popol Vuh
Piano & harpsichord: Popol Vuh
Electric guitar & twelve-string guitar: Conny Veit
Oboe: Robert Eliscu
Tambura: Klaus Wiese
Violin: Fritz Sonnleitner
Soprano vocals: Djong Yun

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio.
+ info: http://offmental.blogspot.com

03 fevereiro, 2014

Novas Locais. As Meninas de Canido aparécense na Franza.


As Meninas de Canido pretenden pór en valor o bairro ferrolá de Canido, abandoado durante anos pola desidia das administracións, local e autonómica. Co paso dos anos convertiuse nun movimento cidadá, social e artístico que comezou no ano 2008, coordinado por un artista do bairro, Eduardo Hermida, quen debuxaba por vez primeira unha das obras máis celebres de Diego Velázquez. Na última edición de las Meninas de Canido, xuntouse a máis de 200 artistas locais, estatais e internacionais que tinxiron as rúas do bairro de cores e formas.

Na actualidade as Meninas de Canido están a suscitar interés até na Franza...

Informou Miguel Castro para Rádio Filispim
(Redacción de Informativos)



Para saber máis das Meninas de Canido: http://www.meninasdecanido.com/

Novas Locais. O Ateneo Ferrolán reinvéntase.


A nova directiva e cadro de persoal do Ateneo Ferrolán comeza a traballar con ilusión, ideas e colaboración mútua. A nova directiva vén de chegar a un acordo co cadro de persoal para unha redución temporal dos seus salarios, até equilibrar as contas da institución. Ademáis, adaptan as cotas de socios para persoas en situación de desemprego ou mesmo incorporan cotas especiais para integrantes dunha mesma familia... 

Toda a información neste audio.

Informou Miguel Castro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos).

02 fevereiro, 2014

Iste venres 31 de xaneiro de 2014, Rádio FilispiM vai ao Cantón Vello.


"FilispiM vai… ao Cantón Vello" (3º programa dentro do ciclo “Filispim Vai…”).

ATENCIÓN! RE-DIFUSIÓN ISTE SÁBADO A PARTIR DAS 19:00 h. en Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Iste venres 31 de xaneiro de 2013 unha intensa borrasca achegará unha nove fronte a Galicia cara a noite donde as precipitacións serán máis persistentes. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro a moderado e os ventos soprarán do sudoeste moderados con intervalos fortes no litoral norte... mais é unha previsión.

O que si é seguro é que "Rádio FilispiM vai ao Cantón Velllo". O Colectivo Opaíí! movilizará as súas hostes e aparellos iste venres ao mítico local do bairro de Esteiro (R/ Taxonera) cun programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de voces ben diversas...


Por si todo isto fór pouco, haberá música en vivo da man do guitarrista Cabe García  dos músicos OCTAVIO GARCÍA (baixo) e TONY TORRES (guitarra)*. O programa de radio será gravado e retransmitido en directo ao través de Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming para todo o mundo neste mesmo blog.


O ciclo "Rádio FilispiM vai…" terá continuidade no futuro coa participación doutros Colectivos, Asociacións e espazos da nosa Comarca. 

Filispim vai!!!. Vén ti!!!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/725801644097658/?fref=ts

(*) Cambios de última hora comunicados polo Cantón Vello.

01 fevereiro, 2014

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 84 28.1.2014




UN PROGRAMA CUALQUIERA…
¿Un programa cualquiera?...ni de broma, por respeto y por cariño a los seguidores del mismo, nunca se debe dejar de intentar hacer un programa interesante, atractivo… por muchas dificultades que surjan. Así, cuando por imponderables de última hora no puede asistir el único invitado previsto, al cual se le va a dedicar íntegro el programa, lejos de caer en una crisis de ansiedad, podemos aprovechar la oportunidad para, p.ej., repasar algunos de nuestros discos favoritos.
Eso fue lo que nos pasó y eso fue lo que hicimos en esta ocasión con The National y su “High Violet” y con Steve Forbert y su “Over With You”, previamente y para sacudirnos la humedad de este invierno como los de antes y entrar en calor, nos administramos una doble dosis de los Ramones. Por cierto, los primeros actuarán este año en España, los trataremos de ver, entre ola y ola…

O Recuncho nº 170

Mércores, 29 de xaneiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 170 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Enrique Barrera, Profesor e Historiador: Últimos eventos da Memoria Histórica e novos proxectos.
Conexión telefónica con Eduardo Hermida, artista plástico, sobre “As Meninas de Canido”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A pegada dos avós”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza:José Emilio Pacheco
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música : Pete Seger e outros-
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

31 janeiro, 2014

Viquingos no Ponte en Galego nº 28!


Unha reportaxe sobre a presenza dos viquingos en Galiza feita polos alumnos a alumnas que viaxarán a Islandia en febreiro, a terceira e última entrega da animada entrevista que Carlos Mosqueira lle fixo ao alcalde de Pontedeume e as colaboracións de Pablo Carpente sobre judoJavier Carrillo sobre a historia do Dépor,gastronomía inglesa e portuguesa por Archie Head e Diogo Mesquita, máis unha entrevista ao profesor substituto Rubén Anido sobre a situación do galego compoñen esta nova edición do Ponte en Galego que presenta Sara Rodríguez.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]