Pesquisar neste blog

24 junho, 2013

A XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM en imaxes e audio.

Imaxes da XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, durante a intervención de algúns dos programas que avaliaron o fin de grelha radiofónica 2012/2013 e das actuacións do cantautor ferrolá Rubén Artabe e da agrupación tradicional @s Carancereteir@s. A todos os artistas obrigad@s! pola súa participación desinteresada na festa da radio libre e comunitaria de Ferrol e comarca.



22 junho, 2013

XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, fin de grelha 2012/2013.


XIII Sessiom Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM coa que, como vem sendo habitual, finalizaremos a tempada radiofónica filispiniana 2012/2013. Haverá música, petiscos, rádio ao vivo e bom ambiente... nom sabemos se haverá neve, mais podes vir investigar na traseira do Mercado de Caranza. Vai ser o sábado 22 de junho de 2013 a partir das 12:00 h

Actuarán:
· Rubén Artabe (https://www.facebook.com/RubenArtabe)
· Carancereteir@s
· Miriam, directamente do certame A Mocidade coa Lingua 2013.

Vem a neve e tráete umha amig@, ficará flashead@!!!


21 junho, 2013


Unha entrevista ao actor e contacontos Quico Cadaval; unha serie de entrevistas-sorpresa; unha selección de música brasileira, xunto coa presentación da páxina webwww.vagalume.com.br; o diálogo merecedor do 2º premio no concurso Tíralle da Lingua representado en directo e o anuncio das gañadoras no III Concurso de Videoclips IES Breamo compoñen a edición número 15 do Ponte en Galego

DIVERTIMENTO - CUO, Comités pola Unidade Obreira (Galiza) - CARRERO BIANCO, "Horror, horror!", Synth pop (Ferrol).


DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 20/06/2013.

Contidos:
  • Conversa con Josechu integrante de C.U.O. Galiza (Comités pola Unidade Obreira), que nos explica quen son e o porque da súa organización.
  • Entrevista especial con tres dos catro integrantes de CARRERO BIANCO (Toni, Quincho e Carlota), apresentando a súa nova demo, adianto do seu novo álbum: "Horror, horror!". Electro pop alienígena dende Ferrol.
  • Axenda Divertimento.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.

Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

18 junho, 2013

O Recuncho nº 142



Martes, 18 de xuño de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 142 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Marcelino Sisto Deibe – poeta – quen falará do seu poemario: “Loraira Serodia”.
Inminente publicación da nosa Revista “Razón Socialista” nº 34
Próxima inauguración da nosa Biblioteca “Santiago Carrillo”.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: This Machine Kills Fascist.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

14 junho, 2013

Ponte en Galego! Nº 14


As opinións recollidas a pais, nais e exmembros do grupo de teatro Arjé do IES Breamo despois da última representación de As bruxas, a obra de Arthur Miller; unha entrevista efectuada a María Xosé Silvar Sés antes da gravación do seu novo CD; a lectura dos microrrelatos gañadores no concurso celebrado no IES Breamo; a presentación de Sermos Galiza en Pontedeume e unha entrevista telefónica en directo co ex-adestrador do Deportivo José Luis Oltra foron os contidos deste Ponte en Galego! en servizos mínimos por causa dos exames de xuño.


11 junho, 2013

O Recuncho nº 141


Martes, 11 de xuño de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 141, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitada: Lucía Vizoso, Directiva de Fuco Buxán, para falar do pasado Día Mundial do Medioambiente.
12 de xuño: Folga Comarcal.Ferrolterra exixe solucións !
Adeus a Elías Querejeta
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: El optimismo de Rajoy
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Xoan Manuel Pintos
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Georges Moustaki
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]