Pesquisar neste blog

08 dezembro, 2012

Rádio FilispiM resucita a súa programación, tralo infarto.

 Continuidade RADIT
Semella de ultramundo, mais é cuestión de filispinianos. Hai unhas semanas un lóstrego provocou un infarto no software de continuidade KJABATA que utilizabamos dende o inicio das nosas emisións, en agosto de 2005. Por fin, logo de probar con diversas alternativas, localizamos o seu substituto: o RADIT. Así que xa temos a primeira resurreción filispiniana, recoñecida polo Santo Dipolo ;).

Recuperarmos a nosa programación normalizada. Dende xa, na libre e comunitária Rádio FilsipiM, escoitarás a programación 2012/2013, tal cual foi concebida no mes de setembro. Podes consultar todos os programas na imaxe da grelha ou mesmo ao pé deste blog. Na mesma imaxe, facendo clic nos programas terás informazón ampliada dos mesmos.

As principal novidade na programación 2012/2013 é a ordenación da grelha en franxas: programas de contidos xerais, programas especializados en música, informativos, o que che fará máis sinxelo identificar cando podes escoitar un ou outro contiúdo.

Canto as melloras técnicas, ademáis do novo software de continuidade, logramos un son de mellor cualidade trala adquisión dun novo computador.

Canto ao streaming, estamos tentando incorporalo no mellor tempo posíbel. Cuestións que aínda non logramos dominar [como pode ser isto? ;), o impiden por agora.  Xa temos streaming!!                    -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Finalizamos cun recordo especial ao vello software KJABATA, que durante tantos anos nos acompañou na FilispiM. Mágoa que non tivera evoluido, todo un clásico. Afortunadamente, podemos seguir disfrutando dun sofware de continuidade igualmente para GNU/Linux, cuestión que para nós era moi importante, por principios: o RADIT.

+ info sobre o RADIT:

05 dezembro, 2012

80 Vinilos/h [prog. 44] - Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada 80s - Vol.3

Banzai, nos oitenta
Edición nº 44 de 80 Vinilos/h.

 - Volume nº 3 da Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada dos 80s.
de AVIKULTORES MODERNOS á BASURA.

Contido:

- AVIKULTORES MODERNOS - Fils [Single. Fils. Discos Acuario, 1984].
- AZUL Y NEGRO - Suspense [Lp. Suspense. Polygram, 1984].
- BAJAS PASIONES - Un sueño más [Mini Lp. Un Sueño Más. Twins, 1986].
- BAJO EN NICOTINA - Juegos en la arena [Mini Lp. Contrabando en la Bahía. Edigal, 1987].
- BAJO EN NICOTINA - Contrabando en la Bahía [Mini Lp. Contrabando en la Bahía. Edigal, 1987].
- BANZAI - Voy a tu ciudad [Lp. Banzai. Hispavox, 1983].
- BANZAI - Coche rápido en la ciudad [Lp. Banzai. Hispavox, 1983].
- BAR - Cada esquina, cada sombra [Lp. Bar, 1982].
- BAR - Imagen [Lp. Bar, 1982].
- BARANDAS - El fugitivo [Lp. Chupando Rueda, 1988].
- BASURA - Esperando en la puerta del WC [Belter, 1978]
- [bola extra] ALMEN TNT - Ya nadie cree en la revolución [Single. EDA, 1979].

Locución, comentarios e realización técnica: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM-Ferrol].
Información tirada de:
- http://sangrespanola.wordpress.com
http://downandroll.blogspot.com.es


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com  [etiqueta "80 Vinilos/h"].

02 dezembro, 2012

A fábrica de lus vol.07: o malgasto de recursos nas obras públicas

 

Programa do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM do 30 de Novembro de 2012


No programa do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM do 30 de Novembro de 2012, falamos com Víctor e Andrés, dous novos membros do Colectivo OPAII que presentarám um programa de "Misterio" chamado "Espacio Infinito", também falamos com Pablo, que volta com umha proposta nova, "Cuarto Mundo", escoitamos a entrevista sobre medios alternativos com Pablo Iglesias Turrion e pouco mais ;)

Cobertura Xornada Europea Folga Xeral -14N2012

Logo da estupenda cobertura da manhá dos nosos companheiros de CUAC FM de A Corunha, cuxo sinal enlazamos en Rádio FilispiM, os integrantes de Rádio FilispiM en Ferrol, recollimos o testigo e continuamos informando xa na tarde.

O programa especial comezou as 18:00 h. e rematou cara as 20:00. No estudio estiveron: Cholo, Miguel Reimundez, Pablo Melaski, Miguel Castro e o Pequeno Monstro.

O programa estivo basicamente dividido nas seguintes seccións:

  • O porqué da convocatoria da Folga Xeral do 14N.
  • Como transcorreu, repercusión, datos -no local, País, Estado e Europa.
  • Como a vivimos cada quen. Crónicas persoais dos integranes do Colectivo/Radio.
  • Documentos sonoros rexistrados polos reporteiros de Rádio FilispiM.
  • Cobertura polos medios, terceiro sector medios que cubriron, cobertura de Cuac FM. Conexión vía dúplex con Radio ELA, libre de Madrid.
  • Partiicipación activa dos ouvintes, telefono directo, twiter, facebook...
  • Valoracións finais. 

28 novembro, 2012

Música, surf, medio ambiente - Trigésimo segundo programa 27.11.12




2008. EL PANTÍN CLASSIC ASEGURA SU CONTINUIDAD

Se inicia una nueva etapa. Transcurridos 20 años, el Océano Surf Club cede la organización del campeonato al Club Playa de Pantín, asegurando así la continuidad de la prueba y que un nuevo equipo, rebosante de ilusión, fuerza y ganas relance el evento. Se consigue una estrella más, la quinta
Neptuno y Kanaloa celebran este acuerdo enviando grandes olas durante la prueba, tres, cuatro... cinco metros! Con estas olas y una magnífica participación, los jueces, por vez primera, otorgan hasta cinco dieces, alguno de ellos a los, tal vez, mejores tubos nunca surfeados en Pantín.

También, por primera vez, se retransmite el campeonato en directo a través de Internet, registrándose alrededor de 120.000 entradas. Finalmente el brasileño William Cardoso y la argentina Ornella Pellizari se proclaman campeones.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]