Pesquisar neste blog

12 junho, 2012

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 1 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... do Cuarteliño da Policía Local.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.

Ir a descargar

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 2 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... da Estación Interplanetaria Enterprise.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.


Ir a descargar

11 junho, 2012

Sonido Emergente 1T P16

Comienza el verano y arranca la temporada de festivales. Así que si no tienes plan, haz el petate y a disfrutar de los diversos festivales que hay a lo largo de la geografía española.


Ahh, y también 40 años de que el alter ego de David Bowie, Zyggy Stardust visitara la Tierra para quedarse en ella.


Zyggy Stardust como el nuevo mesías rock.


Podcast y listado de canciones.



The XX - Islands (The XX, 2009)
Rufus Wainwright - Rashida (Out of the game, 2012)
Antony Hegarty - Rise (2012)
CocoRosie - Tearz for animals (feat Antony Hegarty) (We are on fire EP, 2012)
iamamiwhoami - Goods (Kin, 2012)
Little Boots - Headphones (TBD, 2012)
Tomas Barfod - November skies (Salton sea, 2012)
Pegasvs - La melodía del afilador (Pegasvs, 2012)
Najwa - A ver si me das (Donde rugen los volcanes, 2012)
David Bowie - Starman (The rise and fall of Ziggy Stardust and the spiders from Mars, 1972)
Mystery Jets - Greatest hits (Radlands, 2012)
The Temper Trap - Trembling hands (The Temper Trap, 2012)

10 junho, 2012

REGANOSA ilegal Programa do Colectivo OPAII 08062012

Así de claro o deixa o tribunal Constitucional. Vos contamos o que supón esta sentenza xunto coa rolda de prensa que ofreceu o Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol. Falamos de moitas novas locais, sobre o final do conflicto de Mercadona, o naval, agresións a usuarios de bibliotecas ... , contámosvos doutra sentenza, desta vez para inculpar cinco anos a dous sindicalistas da folga do metal en Vigo no ano 2007; pese a non comprobarse realmente a súa culpabilidade. Tamén deixamos un anaco para as preferentes de Caixa Galicia. Porsuposto tamén vos presentamos a XII Sesión Vermú que argallamos para o 16 de xuño ás 12:00, na que tocarán o grupo folk ferrolán"Alén de Ancos. Desta ocasión estamos levando o programa os compañeiros do Colectivo OPAII Cholo, Iago, Fran e Javier Malespina.




Audio da cunha da XII Sesión Vermú:

Ir a descargar

08 junho, 2012

OFF MENTAL [programa 30] - outras músicas

Programa Nº 30 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


Nesta ocasión, Especial AUTÓMATAS,  ilustrados musicalmente polo grande compositor alemán Johannes Scmoelling, ex Tangerine Dream.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
JOHANNES SCHMOELLING - The Woodpecker [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Wedding Cake [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Zoo of Tranquillity (dedicated to Antje) [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Lawnmover [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Ederklang Records, 1998].
JOHANNES SCHMOELLING - The Rise of the Smooth Automaton [The Zoo of Tranquillity. Theta Records, 1987].




Imaxe: Portada da primeira edición de The Zoo of Tranquillity, Johannes Schmoelling [Theta Records, 1987]
Ofmentalizate! na nosa páxina en facebook.

2º Programa de Armonicos nas Ondas

2º Programa de Armonicos nas Ondas, con Rubén Pérez, coordinador de Libera sobre liberación animal.
Pablo Melanski presentou o seu miniespazo no programa.

DIVERTIMENTO - Novas e axenda de loita comarcal - Entrevista a PACO "PESTES" GARCÍA, poetastro de Ferrol.

Edición especial do xoves 7 de xuño de 2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM], cos seguintes contiúdos:

Novas da comarca e axenda de loita comarcal. Especial chamamento a participar na mobilización demandando carga de traballo para Navantia, do domingo 10 de xuño en Ferrol, ante a crítica situación que levou ao paro a 1000 empregados, cifra que se podería duplicar nas vindeiras semanas.


- A policia local de Ferrol a hostias cun usuario da Biblioteca Municipal. Episodio televisivo que se suma a recentes capítulos: agresión a piquete na Folga Xeral do 29M, sancións e acoso a Fundaçom Artábria na homenaxe anual ao literato Carvalho Calero.... continuará.


- Chamada dun ouvinte desesperado ante a súa situación personal e laboral. As persoas ou Colectivos que desexen porse en contacto con el pode escribirnos e lles facilitaremos o contacto con el, que nos facilitou fóra de antena.


- Especial entrevista a PACO "PESTES" GARCÍA, mítico poetastro de Ferrol. Logo de once anos, Paco volve a Divertimento. Con el falamos de muitas cousas e aproveitou para nos ler algún dos seus estupendos poemas. 

Ademáis, iniciamos unha campaña co fin de que PACO "PESTES" vexa publicada unha colleita da súa obra nun LIBRO. Logo de tantos anos, tan só é posíbel atopar a obra de "Pestes" ao través de poemas soltos nalgúns catálogos, ou mesmo autoedicións en fotocopia, como acontece co seu xa mítico "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros". Entre todas as persoas que o aprezamos, pretendemos fazer realidade a primeira publicación do grande e mítico poeta urbano de Ferrol, Paco "Pestes" García. En breve máis información nosa páxina no facebook ou no blog:  http://pequenosmonstros.blogspot.com. Se desexas colaborar non ponte en contacto con Divertimento.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.




Divertimento e @s monstros estamos no facebook.
Imaxe: Paco "Pestes" Garcia, durante a Festa de Defuntos de Rádio FilispiM no Manchita [31/10/2004] e obreiros do naval de Ferro-Terra en loita.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]