- Novas da comarca e axenda de loita comarcal. Especial chamamento a participar na mobilización demandando carga de traballo para Navantia, do domingo 10 de xuño en Ferrol, ante a crítica situación que levou ao paro a 1000 empregados, cifra que se podería duplicar nas vindeiras semanas.
- A policia local de Ferrol a hostias cun usuario da Biblioteca Municipal. Episodio televisivo que se suma a recentes capítulos: agresión a piquete na Folga Xeral do 29M, sancións e acoso a Fundaçom Artábria na homenaxe anual ao literato Carvalho Calero.... continuará.
- Chamada dun ouvinte desesperado ante a súa situación personal e laboral. As persoas ou Colectivos que desexen porse en contacto con el pode escribirnos e lles facilitaremos o contacto con el, que nos facilitou fóra de antena.

- Especial entrevista a PACO "PESTES" GARCÍA, mítico poetastro de Ferrol. Logo de once anos, Paco volve a Divertimento. Con el falamos de muitas cousas e aproveitou para nos ler algún dos seus estupendos poemas.
Ademáis, iniciamos unha campaña co fin de que PACO "PESTES" vexa publicada unha colleita da súa obra nun LIBRO. Logo de tantos anos, tan só é posíbel atopar a obra de "Pestes" ao través de poemas soltos nalgúns catálogos, ou mesmo autoedicións en fotocopia, como acontece co seu xa mítico "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros". Entre todas as persoas que o aprezamos, pretendemos fazer realidade a primeira publicación do grande e mítico poeta urbano de Ferrol, Paco "Pestes" García. En breve máis información nosa páxina no facebook ou no blog: http://pequenosmonstros.blogspot.com. Se desexas colaborar non ponte en contacto con Divertimento.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Divertimento e @s monstros estamos no facebook.
Imaxe: Paco "Pestes" Garcia, durante a Festa de Defuntos de Rádio FilispiM no Manchita [31/10/2004] e obreiros do naval de Ferro-Terra en loita.
Nenhum comentário:
Postar um comentário