Pesquisar neste blog

12 maio, 2012

Audios e vozes da Xornada do 12M en Ferrol.

Este 12 de maio, a cidadanía sae á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. 


O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a [...]

12M -  FEIRA DE COLECTIVOS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos [...]


12M -  MOBILIZACIÓN

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.

Falarase de: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar [...]

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Nas mesas redondas dos días 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza 15M, se falará de:


13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa.”
14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”
15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo.”



[Texto completo en  http://tomaarua.blogspot.com.es/]


------


AUDIOS E VOZES DA MANHÁ DO 12M en FERROL. Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]:


Andre, Oscar e David de Acampada Ferrol, fan un balanzo do que levan de xornada reivind icativa do 12M en Ferrol [GZ] e xustifican a continuidade do movimento 15M. 


Ir a descargar


- Martinha de traballadora do ensino público, cóntanos o porque da súa p resenza nas actividades do 12M en Ferrol. 


Ir a descargar


- Xandro do colectivo ecoloxista ADEGA [Asoc. Defensa ecolóxica Galiza], nos fala d a súa presenza na feira de colectivos nas actividades conmemorativas do movimento 15M en Ferrol, este 12 de maio de 2012. 


Ir a descargar


- Carlos Outeiro, da Mesa pola Normalización Liguística, fñalanos da súa presenza nas actividades do aniversario do movimento 15 M en Ferrol. 

Ir a descargar



- Unha das integrantes da Cooperativa A Xoaniña, nos fala do porque da importanza deste tipo de cooperativas de consumo responsábel. 

Ir a descargar



- Un integrante da Asembleia de desempregados do sindicato galego CIG, fala de porque se teñen autoorganizado. 

Ir a descargar



- Lupe Ces, activista social e compañeira de Rádio Filispim, a radio li bre e comunitaria que emite dende Ferrol, nos da as súas impresións sobre esta xornada de celebración do primeiro aniversario do Movimento 15M e desta xornada de 12M en Ferrol, en particular. 


Ir a descargar


- Iciar e Serxio nos falan do Colectivo pola Dación en Pago [hipotecas]. Ademáis coma integrantes do Movimento 15M-Ferrol, nos fan un balanzo de como vai sendo a xornada do primeiro aniversario do 15M en Ferrol, mentres arrecende a verduras, pois xa vai sendo hora de xantar na Praza de todas e todos. 


Ir a descargar

11 maio, 2012

Leña Dura 30P/2T

Saudos á comunidade metaleira! O programa desta semana é particularmente variado, escoitaredes grupos de crustpunk do más rabioso, ópera heavy, clásicos de ACDC, Deep Purple e outras delicatessens. Os convidamos a subscribiros ao noso podcast para que podades desfrutar do mellor do metal cada semana, en casa, no coche, no curro, ata no fondo do Averno.



09 maio, 2012

O Recuncho nº 95

Martes, 8 de maio de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 95 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Marcos Abad do Sindicato de Estudantes, para falar das mobilizacións en defensa do Ensino Público. Enrique Barrera para falar das elección en Francia, O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Latidos de vida y de conciencia, vuelve a casa. “Os libros recomendados” de Víctor G. Novás. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Pedro Salinas Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

O Souto 07/05/2012

Escoita o programa da asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, desde ADEGA/Trasancos, na sua edición máis actual.

 


Tamén te adxuntamos enlace a Radio Cerna:


OFF MENTAL [outras músicas] programa 27

Programa Nº 27 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- FINIS AFRICAE - Hybla [Prima Travesía, 1984].
- FINIS AFRICAE - Entrada en el parque: los pobres del mundo tocan el bombo [Un día el el parque, 1985].
- FINIS AFRICAE - Doble reflejo de la luna en el agua [Un día el el parque, 1985].
- FINIS AFRICAE - Los colores de mis botas [Un día el el parque, 1985]. 
- FINIS AFRICAE - Ceremonia mágica en el estanque [Un día el el parque, 1985]. 
- LUIS DELGADO - Kotubia [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Xmaal Fnaa [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Reflexión) [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El desierto, realidad y espejismo [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El tambor del sol [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El baño lustral [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Profecía) [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Itinerario de un campeón [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Ver sin ser vista (La mujer en el Islam)[Alquibla, 1988].


Imaxe: Juan Alberto Arteche Goal [Finis Africae].
Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

08 maio, 2012

Leña Dura 29P/2T

Aquí estamos outra vez, un pouco tarde por dificultades coa nova interface, pero nada frea o poder do metal!! Que o desfrutedes!


06 maio, 2012

Programa do Colectivo 04/05/2012

Hoxe no programa con Iago Montes acompañado de Xavi Cartelle e Jaime Caneiro; dous rapaciños de apenas 16 anos que se achegan por primeira vez ao noso medio libre e comunitario, Radio FilispiM. Con eles repasamos o que foi a semana filispiniana amais das novas que comentamos; nun repaso que abarca desde Caranza, ata o goberno español.



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]