Este 12 de maio, a cidadanía sae á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais.
O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a [...]
12M - FEIRA DE COLECTIVOS
Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos [...]
12M - MOBILIZACIÓN
Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.
Falarase de: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar [...]
MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.
Nas mesas redondas dos días 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza 15M, se falará de:
13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa.”
14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”
15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo.”
[Texto completo en http://tomaarua.blogspot.com.es/]
------
AUDIOS E VOZES DA MANHÁ DO 12M en FERROL. Pequeno Monstro [Rádio FilispiM]:
- Andre, Oscar e David de Acampada Ferrol, fan un balanzo do que levan de xornada reivind icativa do 12M en Ferrol [GZ] e xustifican a continuidade do movimento 15M.
Ir a descargar
- Martinha de traballadora do ensino público, cóntanos o porque da súa p resenza nas actividades do 12M en Ferrol.
Ir a descargar
- Xandro do colectivo ecoloxista ADEGA [Asoc. Defensa ecolóxica Galiza], nos fala d a súa presenza na feira de colectivos nas actividades conmemorativas do movimento 15M en Ferrol, este 12 de maio de 2012.
Ir a descargar
- Carlos Outeiro, da Mesa pola Normalización Liguística, fñalanos da súa presenza nas actividades do aniversario do movimento 15 M en Ferrol.
Ir a descargar
- Unha das integrantes da Cooperativa A Xoaniña, nos fala do porque da importanza deste tipo de cooperativas de consumo responsábel.
Ir a descargar
- Un integrante da Asembleia de desempregados do sindicato galego CIG, fala de porque se teñen autoorganizado.
Ir a descargar
- Lupe Ces, activista social e compañeira de Rádio Filispim, a radio li bre e comunitaria que emite dende Ferrol, nos da as súas impresións sobre esta xornada de celebración do primeiro aniversario do Movimento 15M e desta xornada de 12M en Ferrol, en particular.
Ir a descargar
- Iciar e Serxio nos falan do Colectivo pola Dación en Pago [hipotecas]. Ademáis coma integrantes do Movimento 15M-Ferrol, nos fan un balanzo de como vai sendo a xornada do primeiro aniversario do 15M en Ferrol, mentres arrecende a verduras, pois xa vai sendo hora de xantar na Praza de todas e todos.
Ir a descargar
Nenhum comentário:
Postar um comentário