Un programa donde los niños nos han dado toda un tromba de aire fresco en estas fechas tan nostálgicas.Estuvieron con nosotros :
Mateo ( 10 años ), Tatiana ( 9 años ), Paula ( 5 años ) y Federico ( 5 años ).
Hablamos de muchas cosas con la perspectiva de unos locos bajitos que nos hicieron reir de una manera increible. Recibimos el mensaje de Marta Echarte Baraibar ( Consul de la República Oriental del Uruguay ) que nos contó algunos detalles de Uruguay y nos dejó un mensaje para estas navidades y fin de año.
O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM, donde seis nenas entre tres e cinco anosdo Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele. Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.
O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.
Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!
Neste programa, valoramos as novas modificaçons no estudo fiispiniano, como a mesa radiofónica, o logo da fachada, o teléfono fixo [981 37 10 40], o híbrido telefónico e a conexión a internet no estudo.
Utiliçando esta útima, internet, fixemos um ciber-programa, navegando pola rede sem rumbo fixo, alí donde nos ia levando a conversa, iniciamos a andadura pola web temazo.org, paramos por jamendo.com, aregueifa.net, repostamos no blog do Colectivo OPAII, opaii.blogspot.com, para zarpar cara o software livre em ubuntu.com, depois fumos a informar-nos a artabra21.blogspot.com e chuza.gl e rematamos liados nas redes sociais twiter, facebook, latri.ca, cabozo.com, todo amenizado com boa música.
Sábado 18 de Decembro.
O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Neste programa destacamos os seguintes contidos:
-Especial música: Enrique Morente.
- Coñecimos unha das revolucións aparecidas a partires de Internet:
O Couch Surfing, nova forma de viaxar que xa conta con millóns de
usuarios en todo o mundo. Falamos con Oscar, usuario deste servizo.
- Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.
- No estudo de Radio Filispim : Karlotty, Guillermo Ferrández, Lorena
Calaza, José Torregrosa, Pedro Ferrández e Fernando Ocampo cun
especial poesía que leva de título: “ A poesía é unha arma cargada de
presente” .
- Escoitamos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán acerca
dos últimos acontecementos no Sáhara. Escoitamos a : Julián Delgado,
autor do libro “ Morir polo Sáhara” e a Santiago Jiménez ,
Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM
Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros[Rádio FilispiM],non poidemos senón que despedirnos de Enrique Morente cunha pequena, pero monstrosa, homenaxe: sentindo a súa música.
Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa doutro monstro do xénero, Camarón de la Isla.
No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.
En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen e adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de inmovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.
Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.
No programa escoitamos a obra completa OMEGA[El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca: "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla...".
Enrique Morente, volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe.