Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa doutro monstro do xénero, Camarón de la Isla.
No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.
En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen e adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de inmovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.
Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.
No programa escoitamos a obra completa OMEGA [El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca: "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla...".
Enrique Morente, volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe.
Enrique Morente, até sempre.
Nenhum comentário:
Postar um comentário