Pesquisar neste blog

22 dezembro, 2010

- Sin Fronteras 1T 9P -

Un programa donde los niños nos han dado toda un tromba de aire fresco en estas fechas tan nostálgicas.Estuvieron con nosotros :

Mateo ( 10 años ), Tatiana ( 9 años ), Paula ( 5 años ) y Federico ( 5 años ).
Hablamos de muchas cosas con la perspectiva de unos locos bajitos que nos hicieron reir de una manera increible. Recibimos el mensaje de Marta Echarte Baraibar ( Consul de la República Oriental del Uruguay ) que nos contó algunos detalles de Uruguay y nos dejó un mensaje para estas navidades y fin de año.



Descargar o audio

Divertimento - As nenas do Colexio de Lago [Valdoviño] cantan e falan co Apalpador.

Última hora!!!

O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM, donde seis nenas entre tres e cinco anos do Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele. Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.
O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.
Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!
Divertimento para pequenos monstros ben sendo un programa que emite Rádio FilispiM que tambén podes ouvir como podcast.

20 dezembro, 2010

acoplados sin merienda 17/12/2010


Set list acoplados sin merienda 17/12/2010:

  • Oberhofer - "I Could Go"
  • Maximum Balloon - "Apartment Wrestting"
  • Enrique Morente & Lagartija Nick - "Omega"
  • "Bullit" - Director: Peter Yates. Compositor: Lalo Schifrin
  • "Ocean's Eleven" - Director: Steven Soderbergh. Compositor: David Homes "Gritty Shaker"
  • Enrique Morente & Lagartija Nick. "Pequeño Vals Vienés" y "Manhattan" de Leonard Cohen (I'm Your Man, 1988)
acoplados sin merienda todos los viernes de 18h a 19h en Radio FilispiM 93.9FM


Descargar o audio

Programa do Colectivo 17 de Dezembro de 2010

Neste programa, valoramos as novas modificaçons no estudo fiispiniano, como a mesa radiofónica, o logo da fachada, o teléfono fixo [981 37 10 40], o híbrido telefónico e a conexión a internet no estudo.
Utiliçando esta útima, internet, fixemos um ciber-programa, navegando pola rede sem rumbo fixo, alí donde nos ia levando a conversa, iniciamos a andadura pola web temazo.org, paramos por jamendo.com, aregueifa.net, repostamos no blog do Colectivo OPAII, opaii.blogspot.com, para zarpar cara o software livre em ubuntu.com, depois fumos a informar-nos a artabra21.blogspot.com e chuza.gl e rematamos liados nas redes sociais twiter, facebook, latri.ca, cabozo.com, todo amenizado com boa música.


Descargar o audio

18 dezembro, 2010

O Recuncho nº 35


Sábado 18 de Decembro.
O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Neste programa destacamos os seguintes contidos:
-Especial música: Enrique Morente.
- Coñecimos unha das revolucións aparecidas a partires de Internet:
O Couch Surfing, nova forma de viaxar que xa conta con millóns de
usuarios en todo o mundo. Falamos con Oscar, usuario deste servizo.
- Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.
- No estudo de Radio Filispim : Karlotty, Guillermo Ferrández, Lorena
Calaza, José Torregrosa, Pedro Ferrández e Fernando Ocampo cun
especial poesía que leva de título: “ A poesía é unha arma cargada de
presente” .
- Escoitamos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán acerca
dos últimos acontecementos no Sáhara. Escoitamos a : Julián Delgado,
autor do libro “ Morir polo Sáhara” e a Santiago Jiménez ,
Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

Descargar o audio

Divertimento - Enrique Morente, até sempre [16/12/2010].

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM], non poidemos senón que despedirnos de Enrique Morente cunha pequena, pero monstrosa, homenaxe: sentindo a súa música.
Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa doutro monstro do xénero, Camarón de la Isla.
No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.
En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen e adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de inmovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.
Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.
No programa escoitamos a obra completa OMEGA [El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca: "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla...".
Enrique Morente, volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe.
Enrique Morente, até sempre.

16 dezembro, 2010

Atenta!! nº 10 [14-12-2010]

Contidos:

Falamos sobre unha propaganda do Partido Popular que apareceu esta semana nos buzos da veciñanza do barrio de Caranza.

Falamos tamen do que esta acontecer estos días nun parque en Bos Aires (Parque Indoeuropeo) que esta a ser ocupado por persoas inmigrantes que reinvindican un anaco de terra para poder construir un fogar.

Falamos dunha nova de Uruguay sobre unha folga dos medic@s anestesistas e a comparamos coa Crisis d@s controladores e como actua cada un dos gobernos de Uruguay e o Estado Español en momentos de crisis.

Para rematar o programa falamos das figuras do Natal e do Apalpador

Na sección de sexo falamos de Asociacion Galega para a Saude Sexual pon en marcha unha campaña de sensibilización sobre os dereitos sexuais e reproductivos.

Na cociña fixemos unhas torradas.


Música:

Mis riñones - La Polla Records
De Manzaneda a Marrakech - Los Cuchufellos
Sin Papeles - Che Sudaka




Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]