Descargar o audio
Pesquisar neste blog
08 dezembro, 2010
Descargar o audio
80 Vinilos/h - 7mo programa
Sétima edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM.Neste edición escoitamos as músicas de:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, Hispavox 1986].
Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Produzóns Imaxinarias Divertimento, PID]
Descargar o audio
05 dezembro, 2010
acoplados sin merienda 03/12/2010
- Jesca Hoop - Hunting my Dress - Four Dreams
- Disco Ruido – Mrs. Love
- Makin' Whoopee - Los Fabulosos Baker Boys
- Nosoträsh – Popemas – Gloria
- Wild Honey - Epic Handshakes and a Bear Hug – Whistling Rivalry
- Ana D - Satélite 99 - Me quedo Contigo
- Yoplay – Stop the clock
- Chucho – Los Diarios de Petróleo - Cataratas de sueño + El secreto de la ciencia
- Best Coast - Crazy for You - Boyfriend
Descargar o audio
Programa do Colectivo do 3 de Decembro de 2010
Neste programa fazemos um repaso à actualidade local, parándonos no tema do desaloxo do CSO Casa das Atochas, Sahara, Língua Galega, VIH, Agenda Cultural, privatizaçom Souto de leixa, etc... finalmente rematamos com o tema estrela da semana, Wikileaks, com umha entrevista a Ignacio Ramonet.
Descargar o audio
04 dezembro, 2010
O Recuncho nº 34

Edición nº 34 de O Recuncho,
o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Contidos:
- Nos últimos tempos, estamos a percibir como cada vez máis xente infórmase a través de medios alternativos, sexa a través de Internet ou coma no caso do noso programa pola Radio libre e comunitaria. André Pastor, un dos fundadores de Radio Filispim, explicaranos en que se basea un medio de este tipo e como é a organización destes medios de comunicación.
- No estudo acompañarannos: Rosa méndez, especialista en Patrimonio, Miguel Rodríguez, aparejador e autor dun estudo de rehabilitación do Rena e Miguel Raimúndez , arquitecto. Plantexándolles a seguinte cuestión: Ferrol, modelo urbanístico a seguir.
- Na sección poética, esta vez levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza, trataremos ao poeta Claudio Rodríguez.
- Coma de cotiá José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.
Descargar o audio
03 dezembro, 2010
Divertimento - CSO Casa da Estación [Pontedeume]+CSO As Atochas [Corunha]
Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [02/12/2010], achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do C.S.O. Casa das Estación [Pontedeume].Ademáis tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO, Casa das Atochas en A Corunha.
Este último centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" por uns e por outros. Así, o CSO Casa das Atochas de A Corunha, e xa un referente canto a xestión dun centro social autoxestionado e okupado en pleno centro de A Corunha [bairro das Atochas Alta].
Mais, alguén non o entende así [ou lle parece que há demasiada organización fóra da "organización"], pois unha xuiza ten dictado orde de desaloxo para o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010. Dende Divertimento preguntámonos para cando o desaloxo dos especuladores, chourizos e demáis calaña das inmediacións.
Divertimento, é un programa de radio que emite Rádio FilispiM, 93.9FM. Ademáis o penduramos como pod-cast en: http://pequenosmonstros.blogspot.com - http://podgalego.org e mesmo neste blogue.



