Chini e máis Jesús, faláronos desta realidade de centro social, autoxestionado e okupado, tan cercano a nós.
Ademáis tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO, Casa das Atochas en A Corunha.
Este último centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" por uns e por outros. Así, o CSO Casa das Atochas de A Corunha, e xa un referente canto a xestión dun centro social autoxestionado e okupado en pleno centro de A Corunha [bairro das Atochas Alta].
Mais, alguén non o entende así [ou lle parece que há demasiada organización fóra da "organización"], pois unha xuiza ten dictado orde de desaloxo para o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010. Dende Divertimento preguntámonos para cando o desaloxo dos especuladores, chourizos e demáis calaña das inmediacións.
Así as cousas, unha vez máis, os Pequen@s monstros estivemos con elas e seguiremos estando.
Divertimento, é un programa de radio que emite Rádio FilispiM, 93.9FM. Ademáis o penduramos como pod-cast en: http://pequenosmonstros.blogspot.com - http://podgalego.org e mesmo neste blogue.
Nenhum comentário:
Postar um comentário