Pesquisar neste blog
28 outubro, 2010
Atenta - programa 3
Falamos das suxerencias que nos chegan o correo electrónico sobre temas dos que falamos no programa.
Falamos tamen do portal Wikileaks e a guerra de Irak.
Lle dimos un suspenso rotundo o periodico El Mundo, por o artigo do seu magazine do 17 de outubro, titulado Madre o Vaca, no que faise un ataque directo a Lactancia Materna.
Falamos tamen do cartos co goberno de Zapatero mandou a Haiti como axuda humanitaria e comparamos esta cantidade con outras cousas que se poden facer coa mesma cantidade e o pequena que se queda se o comparamos coa asignacion que teñen la casa real ou a igrexa catolica.
Na cociña fixemos unha ensalada variada.
E na sección de sexo fixemos unha comparación do pracer que produce facer o amor , tomar analxesicos ou consumir cocaina.
Abrimos una nova sección titulada As Aulas, onde falaremos sobre un libriño de obrigada lectura no que se analiza o sistema de pensións baixo o titulo "¿ Están en perigo as pensións públicas?" De Juan Torres, Vicenç Navarro e Alberto Garzón Espinosa e editado por ATTAC
A música que nos acompañou desta vez foi:
"Quiero más" de Che Sudaka
"Jonny" da Polla Records
"Barruntando" e "Merda do cu" da Compañía do Ruido
"Como o vento" dos Diplomáticos de Monte Alto.
Descargar o audio
27 outubro, 2010
Crónica do VI Encontro da Red de Medios Comunitarios [ReMC] en Alacante.
Foto oficial [ou oficiosa] da Asemblea coa que a pasada fin de semana se clausurou en Alacante o VI Encontro de Medios Comunitarios [ReMC].Periodismo e activismo. A experiencia da flotilla da liberdade [Palestina]:
O balance, como se dixo, foi positivo. Falta procesar todo o que aprendemos neste encontro, que non é pouco. Como ben di o noso compañeiro Mariano, a unión fai a forza. Grazas [entre outras cousas] a encontros como este, os medios de comunicación comunitarios se fan máis fortes para permitir á cidadanía exercer o seu dereito a comunicar por calquera medio de difusión e expresión.
25 outubro, 2010
O Souto [ADEGA] 18-10-2010
Volve as ondas da LIBRES e COMUNITARIAS da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, o programa de ecoloxía e medio ambiente do colectivo ADEGA.
O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:
Descargar o audio
23 outubro, 2010
Leña Dura D.F.
se xuntan para pinchar estilos na liña do metal. A tralla, un tanto esquecida na radio, ábrese camiño agora nas ondas libres; nun programa que poderedes escoitar en directo os mércores de 21:00 a 22:00
Descargar o audio
O Recuncho nº 31

Este sábado 23 de Outubro, en Radio Filispim (93.9 fm),de 11 a 13 horas, comezo da nova tempada de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Programa nº 31
Contidos do programa:
-Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección , “O Despertar da razón”, Falaranos da figura de XOSÉ LOUREIRO LUGRÍS.
- Falaremos telefónicamente con Juan Torres , catedrático de economía aplicada na universidade de Sevilla e membro de ATACC, o cal tivemos na nosa cidade, esta semana, convidado por Fuco Buxán.
- Na sección poética falaremos e escoitaremos poemas de Nicolás Guillen, esta vez, e espero que nos seguintes programas, en directo. O recitado por parte de Fernando Ocampo e de Lorena Calaza ,compañeira do grupo Bartoleta Teatro
- No estudo de Radio Filispim, acompañarannos César Fraga, secretario comarca de UXT, Xesus Anxo López Pintos, secretario comarcal da Ciga e Rafael Pillado, vicepresidente de Fuco Buxán os cales analizarán a folga xeral.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
Programa do Colectivo 22 de Outubro de 2010
Por causas alheas ao programa, a entrevista que tinhamos preparada para este programa, nom puido realizar-se, assim que foi um programa no que improvisamos bastante ;)Aos mandos técnicos estaba estrenándose Pablo de Sin Fronteras, que o mércores iniciaram a súa andaina em Rádio Filispim, também estaba Diego Discontinuidade, que despois de moito tempo voltou, por um dia, a falar polos micros de Rádio FilispiM.
Falamos da Emigraçom, da SGAE, de Ecologia, comentamos umha pequena agenda e pinchamos algo de música, um programa completo!!!



