Pesquisar neste blog

09 janeiro, 2010

Spanglish 08 xaneiro 2010






Set list de Spanglish do venres 8 de xaneiro de 2010


Dedicado integramente a Lhasa de Sela:


  • De cara a la pared
  • El desierto
  • J'arrive à la ville
  • Con toda palabra
  • El árbol del olvido
  • La mareé haute
  • Small song
  • Rising
  • Bells
  • La confession
  • Pa´llegar a tu lado


Descargar o arquivo

31 dezembro, 2009

Komunikando #11

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg
Os temas que soarom hoje [22 de Dezembro de 2009] fôrom:
  • Shit Pony – Violencia
  • Ataque Escampe – Europa e o Ballet
  • NAO – A xustiza pola man
  • Guezos – Amodo
  • Xenreira - Selección Ská
  • Machina – Dean paso a coraxe
E falamos do...
Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán, do novo Videoclip de Ataque Escampe, de NAO e o seu novo trabalho, do aniversario de Guezos, do concerto pola oficialidade das Selecçons Galegas e dos concertos desta semana.


Descargar o arquivo

30 dezembro, 2009

Divertimento-Serie: arquivo sonoro/historicos: Radio Fene - A Bodega do Pequeno Monstro.

O día que o Pequeno Monstro amosounos a súa Bodega e polo camino tomouse uns "vinitos".

Este podería ser o título do Divertimento para pequenos monstros que hoxe recuperamos para vós.

Este impresionante documento vinícola foi gravado para Radio Fene no ano 2004. As músicas que soaron foron tiradas dun recompilatorio do momento, do selo estatal rockanroleiro Animal Records.

Con isto e unha chea de bon humor, querémosvos desexar a todas e todos un feliz ano 1980!!!! (por Decreto da Xunta)

Descargar o arquivo

21 dezembro, 2009

Divertimento-Serie: arquivo sonoro/históricos: Radio Fene. Ferrol Music e outras herbas.

No Natal do ano 2000, os monstros do Divertimento realizamos un programa en Radio Fene, no que confesamos telefónicamente ao ferrolán José Feal, quen xunto a Victor Aneiros, andaban a argalla a primeira edizón do Ferrol Music. Un certame cuxa continuidade non callou, mais que forma parte da historia da iniciativa popular (no bon sentido da palabra) que de sempre houbo nos bairros desta cidade.

Aquela primeira edizón do Ferrol Music, desenvolveuse durante varios días do mes de decembro do 2000 no Cantón de Ferrol, e contou coa participación creativa dos seguintes grupos e solistas da comarca, algúns deles desaparecidos, outros incombustíbeis: Paloma Suanzes, Cachimonia, Victor Aneiros Blue Note Band, Durango Express, Julie Guravich Cuarteto, Jarry Navison Band, Los Trastones, Los Pacos, Entre Paréntesis, Riff-Raff, Consumatum Est, ou mesmo Wisdom.

Queremos con este programa fazer unha homenaxe a toda esa xente de Ferrol e comarca que adica ou adicou unha parte do seu tempo, de maneira desinteresada, a pór en marcha iniciativas dinamizadoras que apostan (e apostaron) polo de aquí, no caso concreto de Ferrol Music, pola sobresaínte canteira músical ferrolterráquea.

Como guinda final do programa, escoitamos unha entrevista que Ana Santiago (Lucecú), lle realizou a Julián Hernández, logo do concerto que naquel Natal do 2000 fixeron os Siniestro Total, no Pabillon de A Malata en Ferrol.

Na entrevista a Julián ponse de manifesto que o Pabillón de A Malata en Ferrol, non é o espazo máis axeitado para poder ouvir e disfrutar, un concerto de música "moderna", mais dez anos despois segue a ser a única opción que oferece o noso concello para estes eventos, semella que menos prioritarios que a "música culta". Esta cuestión non deixa de ser un anacronismo máis, tendo en conta o que estamos a falar: a intensa relación dos viciñ@s da nosa comarca con todas as músicas.

No programa, ademáis ouviredes algún "textículo" do Pequeno Monstro, interpretados pola Ana Lucecú e o propio Monstro: Movimento Lento, Confesión e Outono verbalizado. Agardo que tra-la súa escoita vos suba a temperatura, que falta fai con esta friaxe!!!

A vindeira semán seguiremos recuperando gravazóns do arquivo histórico de Divertimento. Mais, non marcho sen vos desexar a todas e todos unhas monstrosas e divertidas Festas!!!!

Descargar o arquivo


Nota: imaxe superior tirada do blog: http://www.canidosostible.blogspot.com

16 dezembro, 2009

Komunikando #10

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg


Neste Komunikando #10 do 15 de Dezembro de 2009, os temas que soarom fôrom:

  • Sacha na Horta – Barbeito por dereito
  • Capitán Furilo – Parece (A_RRITMIC remix)
  • Spinochordes – Esmendrellando Xente
  • Spinochoirdes – Esmendrellando Trebelhos
  • Dios Ke Te Crew – Ollo ao Parche!
  • fucoxabier – Meniños-Bomba
  • Alfeizar – Kona, muller de metal
  • Ataque escampe – Os vingativos
  • Grupoh! – Loitah!
  • Es un arbol – O último dos Comechurros
  • Kastomä – A Ruta do Grelo
  • The Homens – Perfecto
  • Ultraqans – Cetvorno
E falamos de:
  • Certame musical de Berrobambán para o PRESSING CATCH
  • Novo videoclip de KASTOMÄ
  • Cuarta potencia de THE HOMENS
Komunikando.net

RSS Feed iTunes Feed

Descargar o arquivo

14 dezembro, 2009

Spanglish 11 de decembro 2009

Set list de Spanglish do venres 11 de decembro de 2009:

  • Star Trek vs Star Wars
  • Los Planetas se disuelven – El lado oscuro de la fuerza
  • Glitter Klinik – Tú eres Pop
  • Third Eye Foundation – A Galaxy of Scars


Descargar o arquivo

13 dezembro, 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro / historicos: Radio Kaos (2)

"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico".

Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.

O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000.

Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda, na súa primeira metada adicada aos textos, con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.

Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa.

Ben lembro a tarde na que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu. O Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica camiño do estudio, ante a mirada atónita dos estudantes.

Na conversa con Raúl, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.

Daqueles anos e daquelas ondas, lembro estes programas: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Shock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros, e mesmo Textículos by me (Pequeno Monstro, Ana Lucecú e Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas.

Ti mesm@ podes completar esta semblanza á Radio Kaos comentando esta entrada ao pe.

A próxima semana o Pequeno monstro, desvelara quen e como se cargou Radio Kaos.

Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe da grella do vrao do 2000, daquela sorprendente emisora. Un documento valorado agora mesmo en 20.000€ . Ao principio nesta entrada atoparala, fai clic nela para ampliala, pero nada de tocar.

Ficades co audio bomba.

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]