Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, organizamos a tradicional Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán. A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs. do mediodía no Ateneo Ferrolán, e a actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos. Como novidade, teremos o sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.
Neste novo Recuncho trataremos os seguintes temas:
Falaremos con Manuel Rodríguez Carballeira, Lalán, coordinador do comité cidadá de emerxencia o cal nos falará dos últimos sucesos acontecidos relacionados coa planta de gas de Reganosa.
Conferencia de José Roberto Morales, do Centro para a Acción Legal en Dereitos Humanos (CALDH) de Guatemala e María Eugenia Díaz Coordinadora do Programa da Muller CALDH.
Falaremos con Carlos Outeiro, é o responsavel de A Mesa pola Normalización Lingüistica en Ferrol.
Tamén trataremos as novas da Marcha Mundial Das Mulleres con Ánxela, integrante desta organización.
Divertimentopara pequenos monstros despídese desta grella da Rádio FilispiM, coa prometida segunda parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina.
Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.
No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."
Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimentoreivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.
Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas deste sitio.