Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.
No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."
Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimento reivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.
Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas deste sitio.
Tambén podes ter os audios individualizados de cada unhas das crónicas, nestroutro enlace: http://pequenosmonstros.blogspot.com/2010/06/adaptacion-radiofonica-das-cronicas-de.html
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário