Pesquisar neste blog

18 maio, 2009

Entrevista integrante Movimento polo Traballo Digno [Ferrol]. / Entrevista a Carlos Outeiro [Mesa Normalización Lingüística - Ferrol]

[RFM+Informativos.jpg]
Entrevista a un integrante do Movemento polo Traballo Digno, colectivo nado en Ferrol co obxecto de denunciar a "dictadura do traballo escravo que impón o sistema capitalista", auto-organizados veñen de levar ao cabo accións na comarca de Trasancos (Ferrol) pra visualizar as súas demandas. Este audio está gravado o venres 15 de maio de 2009 ás 12:30 h. baixo do edificio da Xunta en Ferrol, no trascurso dunha das súas concentracións.

Descargar a Entrevista ao Movemento polo Traballo Digno


En Divertimento para pequenos monstros estivo o pasado 30 de abril de 2009, Carlos Outeiro. Membro da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles da convocatoria de manifestación para o domingo 17 de maio de 2009 (día das Letras Galegas) en Compostela, na defensa da lingua propia da Galiza.

Descargar a Entrevista Mesa Normalizacion Linguistica

025 Spanglish

[spanglish.jpg]
Set list do Spanglish do viernes 15 de maio de 2009:
  • At the driven – Arcarsenal
  • Camping – Politics of love – Go cry on somebody else´s shoulder
  • Yeah Yeah Yeahs – It's Blitz - Zero
  • Echo & the Bunnymen – The Killing Moon
  • Siouxsie and the Banshees - Cannons
  • Siouxsie and the Banshees - The Killing Jar
  • Fox loco phantom – Public eye – Velvet slider
  • Glasvegas – Fuck you, it´s over
  • Wolfmother – Woman
  • Pacífico – Radiografía de un ruiseñor – Las horas
  • Berri Txarrak - Jaio Musika Hil – Breyten
  • Ed kuepper – Maria peripatética
Descargar o arquivo

003 Caleidoscopio

[caleidoscopio.jpg]

Descargar o arquivo

029 Divertimento Para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
No inmenso estudio de Rádio Filispim, o pasado 30 de abril de 2009, dentro do programa Divertimento para pequenos monstros, estivo Xabier, militante cenetista quen nos fala da convocatoria da CNT en Ferrol, para o primeiro de maio.

Ademáis, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles da convocatoria de manifestación para o domingo 17 de maio de 2009 (día das Letras Galegas) en Compostela, na defensa da lingua propia da Galiza.

A esta convocatoria, apoiada por numeros colectivos e persoas, acudirán tambén o colectivo Galego Sempre Mais, quen sumará esforzos pola dignificación da lingua propia de Galiza, mais non apoia "nominalmente" a mesma, ao ser esta organizada unilateralmente pola Mesa.

Descargar o arquivo

05 maio, 2009

Caleidoscopio

[caleidoscopio.jpg]
Es un programa musical que no se cierra a un estilo musical sino que difunde diferentes estilos: FUSION, JAZZ, MUSICA LATINOAMERICANA [* BRASIL* ARGENTINA * URUGUAY *TANGO *MUSICA AFRICANA] Y WORLD MUSIC

Tratando dentro de lo que es radio FILISPIM de difundir aquella musica que no se les da cabida en otras emisoras.

Horarios de emisión en Rádio FilispiM:
  • VIERNES de 19.00 a 20.00 - en directo
  • LUNES de 00.00 a 01.00 y de 14.00 a 15.00 - diferido
  • MIERCOLES de 12.00 a 13.00 – diferido


Put my show and this player on your website or your social network.

015 O Recuncho

O Recuncho

Programa da A.C Fuco Buxán em Rádio FilsipiM

Descargar o arquivo

028 Divertimento Para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Divertimento para pequenos monstros, na súa última edición vén de amplificar a proposta para o primeiro de maio deste 2009 que nos oferecen os libertarios na Galiza. Todos eles hanse achegar a Ferrol pra se manifestar, partindo do Espazo Libertario xerado na Avenida de Esteiro.

Con esta manifestazón, xa son tres as convocadas polas diversas forzas sindicais na cidade departamental. Quen sabe, cecais o vindeiro primeiro de maio sexa o da "conxunción interestelar" definitiva. No estudio da Rádio Filispim, Xabier, militante cenetista, conta os detalles da convocatoria.

Ademáis, ao través do teléfono, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles do manifesto e convocatoria de manifestación, para o vindeiro 16 de maio (día das Letras Galegas) en defensa da lingua propia da Galiza.

Algunhas notas sobre a nosa actualidade máis "rabiosa" e muita boa música completan o Divertimento do pasado 30 de abril de 2009.

A disfrutar do audio, e lembrade que sempre gostamos das vosas suxestións en radiomonstro(arroba)gmail.com ou mesmo neste blog. Saúde, monstros!!!!

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]