Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



05 maio, 2009

028 Divertimento Para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Divertimento para pequenos monstros, na súa última edición vén de amplificar a proposta para o primeiro de maio deste 2009 que nos oferecen os libertarios na Galiza. Todos eles hanse achegar a Ferrol pra se manifestar, partindo do Espazo Libertario xerado na Avenida de Esteiro.

Con esta manifestazón, xa son tres as convocadas polas diversas forzas sindicais na cidade departamental. Quen sabe, cecais o vindeiro primeiro de maio sexa o da "conxunción interestelar" definitiva. No estudio da Rádio Filispim, Xabier, militante cenetista, conta os detalles da convocatoria.

Ademáis, ao través do teléfono, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles do manifesto e convocatoria de manifestación, para o vindeiro 16 de maio (día das Letras Galegas) en defensa da lingua propia da Galiza.

Algunhas notas sobre a nosa actualidade máis "rabiosa" e muita boa música completan o Divertimento do pasado 30 de abril de 2009.

A disfrutar do audio, e lembrade que sempre gostamos das vosas suxestións en radiomonstro(arroba)gmail.com ou mesmo neste blog. Saúde, monstros!!!!

Descargar o arquivo

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails