Pesquisar neste blog

21 dezembro, 2025

Universo Nosso - Programa 2 da temporada 03

 21/12/2025

A Brincarmos na Rádio Filispim!

No domingo 21 de dezembro de 2025 voltamos à rádio para elaborar e emitir ao vivo o segundo programa da terceira temporada de "Universo Nosso", um programa em galego feito por crianças!  

Desta vez tivemos a companhia de Eume, Itxaso, Artai Cortizas, Icía, Loaira, Rita, Lenda, Andreia, Xoel, Artai, André, Xoel e Aldán  para falar sobre várias coisas.

Repassamos as actividades organizadas pelo colectivo Brincarmos, falamos sobre o prémio que ganhamos.  Tivemos a companhia de Pim e André que nos falaram sobre a obra de teatro "Fantasía Castelao". Ouvimos a entrevista que fizemos a Brais das Hortas. falamos sobre as mais variadas tradições ligadas às festividades do Natal e acabamos a cantar uma linda panxolinha.  

Que bem o passamos! 

Muito obrigado a toda a equipa!






17 dezembro, 2025

O Faladoiro nº 17 - As drogas (16/12/2025)

Ana Mariño, Suso "Manchita e Gerardo Sabio, no centro da imaxe

Na última edición de O Faladoiro de FilispiM do ano 2025 falamos das drogas e fixémolo con persoas cuxa opinión, dun ou doutro xeito, é valiosa e cercana.

Para elo convidamos a:

  • Ana Mariño, especialista en mediciña interna e enfermidades infecciosas en VIH, xubilada do CHUF.
  • Gerardo Sabio, sicólogo clínico responsábel de ASFEDRO (Caranza-Ferrol).                                 
  • Jesús García Eiroá, Suso "Manchita", resposábel do Manchita Cosa, mítico espazo da noite ferrolá que vén de cumprir 22 anos.

Condución do programa: Chelo, Vicente, Cesio e Inacio. Produción e posprodución: equipa O Faladoiro da FilispiM. 

Boas e resposábeis Festas a todas e todos! Falámonos en 2026.

15 dezembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 15/12/2025

 

Informativo semanal Rádio FilispiM, 15/12/2025

Sumario:

  • Crónica da manifestación deste pasado domingo 14 de decembro, en Compostela, contra o macro proxecto de ALTRI. Lupe Ces.

  • Vítimas da transiciom. Un relatorio dos assassinatos…” Sección de opinión, por Edu Comochoconto.

  • En “Noticias Dialogadas”: Lupe e Inacio abordan o problema da soidade nom desexada, a pobreza e a falta de vivenda; a partires dun caso de incendio que lhe costou a vida a um ancián de 83 anos sumido na pobreza e dependente.

  • Convocatoria de manifestación Comarcal, domingo 21 de decembro, baixo o lema: "Ferrolterra contra o Xenocidio. Cos ollos postos en Gaza”. 

  • A figura propia do Natal galego, O Apalpador, vetado no programación natalicia do “popular” Concello de Ferrol.

  • As Trasnas e Trasnos elegantes do Exército Rimbombante do Apalpador anuncian, unha vez máis, a chegada do Vello Carboeiro a Trasancos!

  • Da man de Silvia Bogo, coñecemos as vindeiras actividades que terán lugar no local social da Fundaçom Artabria.

  • Peche musical: SÉS “Sigo escollendo a Utopía”

Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]