Pesquisar neste blog

25 fevereiro, 2009

010 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Moi boas dende O Recuncho.
O sábado 21 de Febreiro, no noso xa décimo programa abordamos os seguintes temas:
  • Manifestación en Santiago de Compostela da rede "Galiza Non Se Vende".
  • Entrevista con Nanina da revista feminista Andaina.
  • Falamos e escoitaremos poemas de Eduardo Galeano.
  • Falamos en directo con César Fraga, traballador de Megasa, quen nos fala da situación que están a pasar na empresa coas súas movilizacións.
  • Especiais musicais, remix clásicos e música de gratís.
  • En directo, no plató, José Torregrosa, mestre e directivo de Fuco Buxán.
  • Iago trae duas novas seccións: "O MENOs media" e "De Gratíss"
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descargar o arquivo

020 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Hoxe en Divertimento para Pequenos Monstros, recuperamos o primeiro de varios audios no que entrevistamos a Fran del Buey, un dos integrantes da asembleia da por entón Casa Encantada de Compostela, audio que co paso dos anos ten pasado a ser un documento.

Por entón, Divertimento, emitíase na lexendaria radio municipal Rádio Fene (hoxe Radio Fusión) radio senlleira dentro das municipais da Galiza. De feito Divertimento naceu en Rádio Fene, se ben é certo que tambén pasou polas ondas da ferrolá Radio Kaos, universitaria da que algún día falaremos nun especial que se podería titular "como ser universitario, cargarse unha radio universitaria e non morrer no intento".

No vindeiro Divertimento daremos continuidade a este especial aos centros autoxestionados daqueles primeiros noventa no noso país, con novas entrevistas a integrantes da Casa Encantada de Compostela, a membros da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros (A Coruña) ou mesmo do Centro Social Mil Luas en A Coruña.

Hoxe en día, todos estes centros sociais autoxestionados non existen, mais forman parte da historia e a experiencia daqueles pionerios e que hoxe queremos compartillar con todos vós.

Pequenos monstros, a disfrutar do documento.

Descargar o arquivo

18 fevereiro, 2009

004 Aquilo que vibra

Desta volta no Aquilo que vibra do 16 de Febreiro de 2009, Marcos Lorenzo e Pedro fernández, fálan-nos e instrúen-nos sobre "A Merda", non o perdades.

Descargar o arquivo

16 fevereiro, 2009

Audios manifestación Galiza Non de Vende [15/02/2009]

Audio da manifestaçom da Rede Galiza Non Se Vende. RGNSV 15-02-2009 [Tirado de GZvideos - Ver video].
Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos.
Descargar o arquivo mp3


Entrevista à Rede Galiza Non Se Vende [Ferrol] Alexandre Carrodeguas 12-02-09
Descargar a 1ª parte

Entrevista à Rede Galiza Non Se Vende [Ferrol] Alexandre Carrodeguas 12-02-09
Descargar a 2ª parte

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]