
Por entón, Divertimento, emitíase na lexendaria radio municipal Rádio Fene (hoxe Radio Fusión) radio senlleira dentro das municipais da Galiza. De feito Divertimento naceu en Rádio Fene, se ben é certo que tambén pasou polas ondas da ferrolá Radio Kaos, universitaria da que algún día falaremos nun especial que se podería titular "como ser universitario, cargarse unha radio universitaria e non morrer no intento".
No vindeiro Divertimento daremos continuidade a este especial aos centros autoxestionados daqueles primeiros noventa no noso país, con novas entrevistas a integrantes da Casa Encantada de Compostela, a membros da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros (A Coruña) ou mesmo do Centro Social Mil Luas en A Coruña.
Hoxe en día, todos estes centros sociais autoxestionados non existen, mais forman parte da historia e a experiencia daqueles pionerios e que hoxe queremos compartillar con todos vós.
Pequenos monstros, a disfrutar do documento.
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário