Pesquisar neste blog

18 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. O Ateneo Ferrolán segue a resistir o ataque frontal do Partido Popular na cidade.


O Ateneo Ferrolán segue a resistir o ataque sen concesións do dereitista P.P. na cidade.
Dende finais do ano pasado e durante todo o que levamos de 2013 o histórico Ateneo Ferrolán está a sofrer graves interferencias no seu normal funcionamento, como consecuencia das decisións tomadas polo Goberno do Partido Popular na cidade e o apoio do único edil de Independentes por Ferrol. Este grupo de Goberno, aproveitando a súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, está a executar accións contra este colectivo que pouco teñen de democráticas senón máis ben de aniquiladoras. Unha delas foi a decisión unilateral (co rexeitamento de todos os grupos da oposición) de obrigar aos ateneístas a compartillar o histórico edificio do Ateneo entre ben diversos colectivos e incluso unha Asociación de Veciñanza, que ben pouco teñen en común, obviando todos os acordos municipais adoptados por anteriores corporacións.

O Ateneo Ferrolán caracterizou a súa traxectoria cultural na nosa cidade pola aportura de portas a todos os Colectivos, o que contrasta coa pretención "controladora" deste espazo da cualición dereitista PP-IF na nosa cidade, toda vez que a sede do Ateneo foi rehabilitada.

Nos informativos de Rádio FilispiM, libre e comunitaria, escoitamos a Cristina Meizoso, traballadora do Ateneo, quen nos fala das últimas novedades ao respeito destes e doutras cuestións relacionadas co centenario colectivo ferrolá.


Redacción Informativos RFM.

17 maio, 2013

A voz de Roberto Vidal Bolaño, no Ponte en Galego! nº 11



Edición número 11 do programa de Normalización Lingüística do IES Breamo, que recupera para a radio un monólogo de Roberto Vidal Bolaño, presentado na sala NASA en 1999. En Galego nun click visitamos ao rapeiro Gamy. En Dicionario vivo exploramos a palabra vesar. En Son de aquí falamos do novo disco da agrupación folclórica eumesa Orballo. Tamén presentamos o III Concurso de Videoclips do IES Breamo, e falamos con Carlos Callón, que recentemente estivo en Pontedeume para presentar o seu libro Como falar e escribir en galego con correción e fluidez.   

DIVERTIMENTO - Lazos precisa alimentos - Noelia Cotelo, privada de dignidade - IV Aniversario CSO Casa da Estación Pontedeume.

DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 16/05/2013.

Dúas horas de raibosos contidos:
  • O Comité Antisida LAZOS de Ferrol precisa axuda para seguir mantendo o servizo de almorzos para quen o requira, pola súa situación de desamparo.
  • No estudio, integrantes da Casa da Estación de Pontedeume, comentan os actos do IV aniversario do CSO eumés. Ademáis falamos da coruñesa Noelia Cotelo, privada de liberdade e cuxa nai participará nun dos actos desta fin de semana.
  • A iniciativa popular "Valentín Paz-Andrade"; ollando cara a lusofonía. 
  • Axenda de concertos Divertimento.
Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

16 maio, 2013

A fábrica de lus vol.16: Día das letras


Falamos da situación do teatro amador e profesional en Galiza e da figura de Ricardo Carvalho Calero con Henrique, Helga, Marian, Luis, Sabela e Lorena, todos/as eles/as relacionados/as co mundo das letras e o teatro.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails