O Ateneo Ferrolán segue a resistir o ataque sen concesións do dereitista P.P. na cidade.
Dende finais do ano pasado e durante todo o que levamos de 2013 o histórico Ateneo Ferrolán está a sofrer graves interferencias no seu normal funcionamento, como consecuencia das decisións tomadas polo Goberno do Partido Popular na cidade e o apoio do único edil de Independentes por Ferrol. Este grupo de Goberno, aproveitando a súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, está a executar accións contra este colectivo que pouco teñen de democráticas senón máis ben de aniquiladoras. Unha delas foi a decisión unilateral (co rexeitamento de todos os grupos da oposición) de obrigar aos ateneístas a compartillar o histórico edificio do Ateneo entre ben diversos colectivos e incluso unha Asociación de Veciñanza, que ben pouco teñen en común, obviando todos os acordos municipais adoptados por anteriores corporacións.
O Ateneo Ferrolán caracterizou a súa traxectoria cultural na nosa cidade pola aportura de portas a todos os Colectivos, o que contrasta coa pretención "controladora" deste espazo da cualición dereitista PP-IF na nosa cidade, toda vez que a sede do Ateneo foi rehabilitada.
Nos informativos de Rádio FilispiM, libre e comunitaria, escoitamos a Cristina Meizoso, traballadora do Ateneo, quen nos fala das últimas novedades ao respeito destes e doutras cuestións relacionadas co centenario colectivo ferrolá.
Redacción Informativos RFM.
Um comentário:
Grazas compañeir@s polo apoio!
Postar um comentário