Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, cunha durazón máis breve do habitual, adicada na súa integridade a actividade anarco-sindical da CNT na comarca de Ferrol.
Ademáis, falamos do 1º de MAIO e retomamos a última hora do caso "Cafetaría Warhol" e outros nos que a organización anarco-sindical está implicada na defensa dos dereitos dos traballadores.
Para finalizar, fixermos historia do movimento libertario nas últimas décadas na nosa comarca e rematamos falando das XI Xornadas Libertarias que se levan ao cabo estes días no Espazo Libertario no bairro de Esteiro.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio Filispim (Ferrol).
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Pesquisar neste blog
03 maio, 2013
Ponte en Galego: Maio cheo de actividade
Un novo programa do Ponte en Galego! cheo de contidos: a folga contra a LOMCE do próximo día 9 de maio cunha entrevista a estudantes dos Comités que deron unha charla no instituto; o Dicionario vivo coa palabra xarelo/a e unha acepción nova para nós deste vocábulo oferecida en directo por unha ouvinte; a entrevista con Nando Vila, membro do grupo folk eumés Iriadona, e as entrevistas a dúas participantes na experiencia 21 Días co galego do instituto da Pobra do Caramiñal: a profesora Pilar Souto e a alumna Antía, de 2º de Bacharelato. Ambas nos entusiasmaron co seu relato sobre esta actividade e a elas dámoslles as grazas con este debuxiño tirado do seu blogue.
E para finalizar, a entrevista que esta mesma mañá lle fixemos a Manuel Méndez, do equipo de filmación do lipdub que, ao son do Ghaiteiro dos Diplomáticos, terá lugar este próximo sábado polas rúas de Pontedeume para a súa posterior emisión na TVG.
01 maio, 2013
NOVAS LOCAIS. Audios comunicado manifestación 1º maio da CIG en Ferrol.

Ao longo desta xornada do 1º de maio de 2013 milleiros de traballadores e traballadoras da nosa comarca se mobilizaron en Ferrol, secundando as tres convocatorias das diferentes organizacións e sindicatos con presenza na comarca.
Nesta primeira toma de pulso ao acontecido nesta xornada, oferecemos o audio dos comunicados lidos ao findar a manifestación do sindicato CIG no Cantón de Ferrol.
Comunicado Manifestación CIG 1º Maio Ferrol (1ª parte: Anxo Pintos).
Comunicado Maniffestación CIG 1º Maio Ferrol (3º parte: convocatoria en defensa do ensino público).
Redacción Informativos RFM
30 abril, 2013
O Recuncho nº 135

Martes, 30 de Abril de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 135 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Celso Posada Fernández, para falar de: “1 de xuño. Europa contra a Troika”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Informativos de RNE”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: José M. Caballero Bonald
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Aute acompañado.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
Assinar:
Comentários (Atom)

