Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 maio, 2013

Ponte en Galego: Maio cheo de actividade


Un novo programa do Ponte en Galego! cheo de contidos: a folga contra a LOMCE do próximo día 9 de maio cunha entrevista a estudantes dos Comités que deron unha charla no instituto; o Dicionario vivo coa palabra xarelo/a e unha acepción nova para nós deste vocábulo oferecida en directo por unha ouvinte; a entrevista con Nando Vila, membro do grupo folk eumés Iriadona, e as entrevistas a dúas participantes na experiencia 21 Días co galego do instituto da Pobra do Caramiñal: a profesora Pilar Souto e a alumna Antía, de 2º de Bacharelato. Ambas nos entusiasmaron co seu relato sobre esta actividade e a elas dámoslles as grazas con este debuxiño tirado do seu blogue.


E para finalizar, a entrevista que esta mesma mañá lle fixemos a Manuel Méndez, do equipo de filmación do lipdub que, ao son do Ghaiteiro dos Diplomáticos, terá lugar este próximo sábado polas rúas de Pontedeume para a súa posterior emisión na TVG.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails