Pesquisar neste blog

13 abril, 2013

Baixo Lupa 9P 1T A Mafia III A mafia de verdade

Xa por fin nos metemos coa
verdadera e auténtica mafia, deixámolo cine só de fondo, para seguir
nesta viaxe. Políticos, banqueiros, homes de negocios, e tamén a clase
traballadora. Todo se entrelaza neste tecido que nos tratamos de
desanudar. Pouco a pouco ...
Do mundo da mafia de peli á crúa realidade dun sistema mafioso:

Baixo Lupa 9P1T Mafia III by Baixo Lupa

12 abril, 2013

DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Poesía Salvaxe, Rede Social de Ferrol Terra, Zan Hoffman (Bobycocktail) & Manchita Cosa.



Divertimento para pequenos monstros, xoves 11/04/2014. Coma cada semana, dúas horas horripilantes...

Contidos:

VI SEMANA DA POESÍA SALVAXE en Ferrol (24 ao 27 de abril, 2013). Posible contacto extraterrestre.
 
Conversa con INACIO MARTÍNEZ, quen nos falará do movimento cidadá xurdido a partir do FORO SOCIAL DE FERROLTERRA (Encontro Social, Rede de Apoio Mútuo, Stop Desafiuzamentos, Cooperativa de Consumo Armeria...).
 
Conversa con SUSO EIROÁ, do MANCHITA COSA de Ferrol, quen falará deste espazo de ocio na nosa comarca e da súa programación cultural, e da inminente actuación do músico ZAN HOFFMAN e o seu proxecto BODYCOCKTAIL, quen comeza a súa xira galega o mércores 17 de abril no Manchita.
 
Axenda de Concertos

Apresentan: Ana Lucecú e André pequenomonstro.
Emisión: Rádio Filispim (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) & Cuac FM (A Coruña).


+ info e todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Ponte en Galego!: Programa especial con Rogelio Botanz e os silbadores canarios



Programa especial de Ponte en Galego! Dedicado á cultura canaria, coa participación do músico vasco-canario Rogelio Botanz xunto con Carlos e Marcelo, dous alumnos de 11 e 12 anos do CEIP Acentejo (Tenerife, Illas Canarias), que nos fixeron unha sorprendente demostración de silbo gomero.

Rogelio Botanz, que actuará mañá venres en Betanzos (19:00 horas, salón azul do Liceo), é un cantautor nado no País Vasco e residente en Canarias desde hai máis de trinta anos, onde desenvolveu unha riquísima traxectoria musical, implicada a fondo na defensa da identidade canaria.  

11 abril, 2013

OFF MENTAL (músicas sen fronteiras) programa 49

Grupo Música Antigua  (Eduardo Paniagua , Luis Vincent,
Paula Vega, Cesar Carazo, Wafir Sheik e Luis Delgado)

Edición nº 49 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Terceira parte (final) do Especial adicado ao multi-instrumentista, compositor, produtor e investigador LUIS DELGADO. 

Nesta ocasión esculcamos na música do cedé recompilatorio "Las Tres Culturas de la Música Medieval Española" (Pneuma, 2001), intrepretado pola agrupación MÚSICA ANTIGUA dirixida por EDUARDO PANIAGUA.
  •  Colección ALFONSO X O SABIO.
 - CSM 142. LA GARZA DEL RÍO HENARES (Ena gran coita sempr' acorrer ven) instr. 
 - CSM 282. Par Deus, muit' à gran vertude na paravla comual.
  • Colección AL-ÁNDALUS.
-  La Fuente (Melodía sobre original andalusí. Modo Hidyaz oriental. Ritmo Qaim wa nisf).
- ¿No aquí hay prodigios mil? (Ibn Zamrak, Tázon de la Fuente de los Leones). 
-  Ese es mi rito (Ibn al-Jatib, melodía de 'Escanciadme', Bawakir al Maya).
-  Muwwal 'Buh bi-l-Garámi' ('Revela tu pasión') al-Harráq.
-  Samai bayati (Ibrahim Al-Aryan).
  • Colección HISTÓRICA.
- Sanºa (Para la fiesta de la circuncisión) Maluf. Cálamus.
- Dror Yiqra (Dunash ibn Labrat (t), Trad., Judeo-Yemeni). Judith R. Cohen y Eduardo Paniagua.
- Ki eshmerá shabat (Canción de Shabat, Abraham Ibn Ezra). Jorge Rozemblum & Eduardo Paniagua.

  • Colección TRADICIÓN.
- Rodrigo venga a su padre (Abbot Peter,t & J. Díaz, m) Joaquín Díaz.
- Gyromax. Pascal Lefeuvre y Luis Delgado.
- Por el interés. Luis Paniagua.
- Ija mia, mi kerida (Trad., adap. sefardí). Luis Delgado.


Selección musical, locución e control técnico: Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio Filispim (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela).


Descarga aquí o audio con máis cualidade: Download episode (temporal)
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails