Programa especial de Ponte en Galego! Dedicado á cultura canaria, coa participación do músico vasco-canario Rogelio Botanz xunto con Carlos e Marcelo, dous alumnos de 11 e 12 anos do CEIP Acentejo (Tenerife, Illas Canarias), que nos fixeron unha sorprendente demostración de silbo gomero.
Rogelio Botanz, que actuará mañá venres en Betanzos (19:00 horas, salón azul do Liceo), é un cantautor nado no País Vasco e residente en Canarias desde hai máis de trinta anos, onde desenvolveu unha riquísima traxectoria musical, implicada a fondo na defensa da identidade canaria.
Nenhum comentário:
Postar um comentário