Pesquisar neste blog

04 abril, 2013

80 Vinilos/h (prog. 51) - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.10

Cosecha Roja, Ourense.
Edición nº 51 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 10 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s. 

De CONTROVERSIA á COZ.

Contido:

  • CONTROVERSIA - Vuela a mi alrededor (Maxi Busca mi nombre. Utopía Batusi, 1987).
  • CORAZÓN REBELDE - A donde vas (Casete. Corazón Rebelde. Alerce, 1985).
  • CORAZÓN REBELDE - Radio Bemba (Casete. Corazón Rebelde. Alerce, 1985).
  • CORAZONES BLINDADOS - El parque inglés (Single. Corazones Blindados. El Fantasma del Paraiso, 1984).
  • COSECHA ROJA - No puedo volver (Flexidisc. Ourense Underground. Insomnio, 1990).
  • COSECHA ROJA - Que esperas de mi (Flexidisc. Ourense Underground. Insomnio, 1990).
  • COZ - Más sexi (Lp. Más Sexi. CBS, 1980).
  • COZ - Amigo mío (Lp. Más Sexi. CBS, 1980).
  • COZ - Las chicas son guerreras (Lp. Las Chicas son Guerreras. CBS, 1981).
  • COZ - Dos en la luz (Lp. Las Chicas son Guerreras. CBS, 1981).
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim 93.9 FM.


Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

02 abril, 2013

O Recuncho nº 131


Programa radiofónico da Asoc. Cultural Fuco Buxán, emitido en Rádio FilispiM, 93.9 FM o martes 2 de abril 2013, de 17 a 18 hs. Cos seguintes contidos: Invitados: Celso Posada, mestre e responsable de Ensino na Agrupación do PSdG-PSOE de Ferrol e Xurxo Gago, directivo de Fuco Buxán, para falar da situación actual do Ensino Público. Teatro radiofónico: "Soldados del pantano" de Brecht. O Espertar da Razón de José Torregrosa: El teatro de Brecht. A sección poética de Lorena Calaza: Bertolt Brecht Os libros recomendados, de Víctor G. Novás Novas e comunicados, por Fernando Ocampo Música: Masiel canta a
Brecht.
 

01 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. A procesión da Confraría do Flotel sacou o seu Trono reivindicativo, pese ao mal tempo.


A Semana Santa ferrolá acolleu actos actos reivindicativos dignos de mención. Até fai uns anos o Colectivo OPAÍÍ! organizaba en xoves Santo o  “Conspirando por unha radio libre”, en defensa e promoción de radios como a que estas a escoitar, Radio Filispim. 

Desta vez, por segundo ano consecutivo, fomos testemuñas dunha verdadeira procesión, con bastantes máis motivacións que as relixiosas. A pesar do mal tempo, que dende logo non acompañou, a "procesión" da Cofradía do Flotel saíu o martes 26 de marzo de 2013 polas rúas de Ferrol. Muitas persoas operarias do naval ferrolá enarbolaron buzos de traballo e reclamaron, unha vez máis, carga de traballo para os estaleiros da Ría. O Trono representaba o buque flotel, supostamente encargado a empresa petroleira mexicana Pemex pola Xunta de Galicia.

Lembremos que máis de 2.000 traballadoras e traballadoras foron despedidos das factorías de Ferrol e Fene nos últimos meses. A falta de previsión de carga de traballo, fai aparecer a sombra do desemprego masivo no naval ferrolá. A redución salarial e pode que un expediente de regulación de emprego formen parte das previsións da dirección da SEPI. As traballadoras e traballadores de Navantia seguen en loita, con moita 'Carga de Dignidade', esixindo carga de traballo.
Ir a descargar
Redacción informativos RFM.

NOVAS LOCAIS. O TSXG admite a trámite a demanda da ReMC contra o concurso de licenzas de FM da Xunta de Galicia.


O TSXG admite a demanda de Cuac FM, refrendada pola Rede estatal de Medios Comunitarios (ReMC), contra o último concurso de adxudicación de frecuencias de FM en Galicia.


"O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a demanda presentada pola ReMC contra o concurso destinado a outorgar as licenzas dispoñibles en Galicia para a emisión en frecuencia modulada. A causa da impugnación é o veto á participación dos medios comunitarios na repartición de licenzas a pesar de que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, aprobada en 2010, recoñece a este tipo de medios como un dereito da cidadanía. A Xunta pretende outorgar as 85 licenzas das que dispón a servizos de comunicación comercial, esgotando así o espectro planificado dispoñible e imposibilitando pola vía de feito o exercicio do dereito a comunicar a través de medios comunitarios en condicións dignas.

O concurso convocado o 26 de xullo e exclúe expresamente no seu primeiro punto a participación de medios sen ánimo de lucro: "quedan fóra do ámbito deste concurso os servizos de comunicación audiovisual radiofónica comunitarios sen ánimo de lucro". Os criterios da convocatoria fan moi difícil ademais que unha emisora non comercial poida competir das propostas das grandes cadeas. Esixe unha cuantiosa garantía económica só para participar no concurso.

En agosto do 2012 a emisora coruñesa Cuac FM comezou unha batalla para acadar unha destas 85 licenzas presentándose -ao non quedarlle outra maneira legal- como emisora comercial, comezou en paralelo outra loita, esta estritamente legal -a través da Red de Medios Comunitarios- para impugnar a convocatoria e esixir que a administración cumpra o seu compromiso de reservar un mínimo espazo no dial para as emisoras comunitarias ou sen ánimo de lucro.

As radios comunitarias en Galicia. España está moi lonxe doutros países europeos, nos que as radios comunitarias si contan con lexislación e espazos específicos. Tan só unha emisora comunitaria (Radio Klara, na Comunidade Valenciá) acadou nas últimas décadas unha licenza de emisión. O resto manteñen a súa actividade nunha continua situación de alegalidade, á espera de que o Goberno central aprobe o regulamento que desenvolve a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010, que recoñece por vez primeira a existencia de emisoras comunitarias e posibilita que se poida legalizar a súa situación. A Xunta escúdase nesta inacción do Goberno central para restrinxir o concurso ás emisoras comerciais e tapa os ollos á realidade de que xa existen seis emisoras comunitarias en funcionamento. Radio Piratona, en Vigo (106.0); Rádio Filispim, en Ferrol (93.9); Radio Kalimera, en Compostela (107.9); Radio Roncudo, en Corme (106.1); Radio Clavi, en Lugo (103.0) e Cuac FM, na Coruña (103.4). Están agrupadas na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, formada en 2006."
Fonte: http://praza.com/

Ir a descargar

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails