O TSXG admite a demanda de Cuac FM, refrendada pola Rede estatal de Medios Comunitarios (ReMC), contra o último concurso de adxudicación de frecuencias de FM en Galicia.
"O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a demanda presentada pola ReMC contra o concurso destinado a outorgar as licenzas dispoñibles en Galicia para a emisión en frecuencia modulada. A causa da impugnación é o veto á participación dos medios comunitarios na repartición de licenzas a pesar de que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, aprobada en 2010, recoñece a este tipo de medios como un dereito da cidadanía. A Xunta pretende outorgar as 85 licenzas das que dispón a servizos de comunicación comercial, esgotando así o espectro planificado dispoñible e imposibilitando pola vía de feito o exercicio do dereito a comunicar a través de medios comunitarios en condicións dignas.
O concurso convocado o 26 de xullo e exclúe expresamente no seu primeiro punto a participación de medios sen ánimo de lucro: "quedan fóra do ámbito deste concurso os servizos de comunicación audiovisual radiofónica comunitarios sen ánimo de lucro". Os criterios da convocatoria fan moi difícil ademais que unha emisora non comercial poida competir das propostas das grandes cadeas. Esixe unha cuantiosa garantía económica só para participar no concurso.
En agosto do 2012 a emisora coruñesa Cuac FM comezou unha batalla para acadar unha destas 85 licenzas presentándose -ao non quedarlle outra maneira legal- como emisora comercial, comezou en paralelo outra loita, esta estritamente legal -a través da Red de Medios Comunitarios- para impugnar a convocatoria e esixir que a administración cumpra o seu compromiso de reservar un mínimo espazo no dial para as emisoras comunitarias ou sen ánimo de lucro.
As radios comunitarias en Galicia. España está moi lonxe doutros países europeos, nos que as radios comunitarias si contan con lexislación e espazos específicos. Tan só unha emisora comunitaria (Radio Klara, na Comunidade Valenciá) acadou nas últimas décadas unha licenza de emisión. O resto manteñen a súa actividade nunha continua situación de alegalidade, á espera de que o Goberno central aprobe o regulamento que desenvolve a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010, que recoñece por vez primeira a existencia de emisoras comunitarias e posibilita que se poida legalizar a súa situación. A Xunta escúdase nesta inacción do Goberno central para restrinxir o concurso ás emisoras comerciais e tapa os ollos á realidade de que xa existen seis emisoras comunitarias en funcionamento. Radio Piratona, en Vigo (106.0); Rádio Filispim, en Ferrol (93.9); Radio Kalimera, en Compostela (107.9); Radio Roncudo, en Corme (106.1); Radio Clavi, en Lugo (103.0) e Cuac FM, na Coruña (103.4). Están agrupadas na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, formada en 2006."
Fonte: http://praza.com/
Nenhum comentário:
Postar um comentário