Pesquisar neste blog

08 março, 2013

Programa do Colectivo OPAII 08/03/2013


Hoxe festexámolo día internacional das mulleres, lembrámolos acontecementos do 10 de marzo en Ferrol,alá polo ano 72, mediante  a nova local,
na que escoitamos a Eliseo Fernández e a Bernardo Máiz, unha nova que chega recén feita, quentiña, disponible xusto durante o transcurso do programa.



Amais vos esclarexamos un pouco sobre a oposición ao proxecto de trazado do tren cara o porto exterior. ademais, conmentámosvola nova dunha empresa baixo control obreiro que floreceu en Grecia.



Ponte en Galego! Nº 4: Iriadona, tradutores na rede e a palabra 'sangaño'.


A familia medra. Cada vez hai máis alumnas e alumnos que queren facer parte das actividades de normalización lingüística do programa PONTE EN GALEGO!, e por iso o programa comezará a facerse quincenal en vez de mensual.
Hoxe Carme Ferreiro presenta a Iriadona, o grupo folk eumés que en 2010 gravaba o seu novo CD Imos Indo, e reproduce a segunda parte da entrevista aos rapaces de Arenga, que seguen falando sobre a súa traxectoria musical. Na sección Galego nun click, Sara Rodríguez repasa varios tradutores e dicionarios de uso común, e presenta un programa en clave humorística feito por Radio Cuac FM sobre termos léxicos confusos entre galego e español.
Ainhoa Ruiz entrevista a un bon número de persoas sobre o seu coñecemento doutra palabra tradicional en desuso: sangaño. Algúns dos máis vellos conseguirán acertalo, e todas e todos a partir de agora saberemos o doce significado deste termo.  Carlos Mosquera presentou e conduciu o programa. 

DIVERTIMENTO - Especial Março de 72 (Eliseo Fernández, Bernardo Máiz).

Cartaz das Xornadas 10 de março, organizadas por Chimarrao e Artábria.
A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao,  dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán,  unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica". 

Nela, o investigador Eliseo Fernández e o historiador Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista,  Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García.

O programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, rexistrou ese audio que hoxe vos oferecemos. Un documento imprescindíbel para coñecer a história que fixemos nós...



Descarga aquí o programa con máis cualidade: Download episode

Entrada completa en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

80 Vinilos/h [programa 49] - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.8

Mª José Peña & Pedro Burruezo (Claustrofobia). Foto: Miguel Morales.
Edición nº 49 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 8 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.

de CINEMA á CLAUSTROFOBIA

Contido:

  • CINEMA - La Mancha (Recompilatorio N.340. Editado pola Diputación de Castellón. 1984).
  • CINESMASPOP (Julián Ruiz & Zanna) - Clock Work (Lp. La Naranja Mecánica. Ariola, 1984).
  • CINESMASPOP (Julián Ruiz & Zanna) - Afghanistan (Lp. La Naranja Mecánica. Ariola, 1984).
  • CÍRCULO VICIOSO - El negocio de un día (Lp. Habitaciones Vacías. La Jungla Records / La Fábrica Magnética, 1989).
  • CÍRCULO VICIOSO - Habitaciones vacías (Lp. Habitaciones Vacías. La Jungla Records / La Fábrica Magnética, 1989).
  • CIUDAD JARDÍN - Su casa es suya (MiniLp. Dame Calidad-Toma Cantidad. Fonomusic, 1987).
  • CIUDAD JARDÍN - Enmanuelle negra en el valle de los zombies (Lp. Falso. Fonomusic, 1985).
  • CIUDAD JARDÍN - MiniLp. Dame Calidad-Toma Cantidad. Fonomusic, 1987).
  • CLAUSTROFOBIA - Ya no quiere se un héroe (Lp. El Silencio. Justine Records, 1986).
  • CLAUSTROFOBIA - Rito gitano (Lp. El Silencio. Justina Records, 1986).
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol (GZ).
+ info e todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog!!)

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails