A familia medra. Cada vez hai máis alumnas e alumnos que queren facer parte das actividades de normalización lingüística do programa PONTE EN GALEGO!, e por iso o programa comezará a facerse quincenal en vez de mensual.
Hoxe Carme Ferreiro presenta a Iriadona, o grupo folk eumés que en 2010 gravaba o seu novo CD Imos Indo, e reproduce a segunda parte da entrevista aos rapaces de Arenga, que seguen falando sobre a súa traxectoria musical. Na sección Galego nun click, Sara Rodríguez repasa varios tradutores e dicionarios de uso común, e presenta un programa en clave humorística feito por Radio Cuac FM sobre termos léxicos confusos entre galego e español.
Ainhoa Ruiz entrevista a un bon número de persoas sobre o seu coñecemento doutra palabra tradicional en desuso: sangaño. Algúns dos máis vellos conseguirán acertalo, e todas e todos a partir de agora saberemos o doce significado deste termo. Carlos Mosquera presentou e conduciu o programa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário